Centos de persoas agardan en Lugo para entregar o seu currículo e optaren a un dos 75 postos de traballo que ofrece un novo centro comercial no barrio da Abella. Recólleo El Progreso
Fálase
Veciños de Coia protestan ante os xulgados de Vigo "contra a criminalización da protesta" no xuízo a Diego Lores, un veciño ao que acusan de agresión e atentado á autoridade durante unha protesta contra o barco instalado na rotonda do barrio.
O informe da Comisión de Bioética vetado pola Consellaría critica a imposición de límites ao dereito á atención sanitaria, analizando o Real Decreto 16/2012 que esixe a condición de asegurado ou beneficiario para ter unha atención sanitaria completa. O documento sinala que a norma puxo en cuestión "o valor superior da igualdade, recollido no artigo 1.1 da Constitución española, e o dereito fundamental á saúde"
A xustiza investiga a relación entre edís do Goberno municipal de Verín e algúns dos maiores contratistas do Concello por un suposto delito de prevaricación
Catro anos despois do accidente de Fukushima, continúa a descontaminación da área afectada pola radiación. Foi limpado un 16% do total e o número de persoas evacuadas pasou de 420.000 a 240.000.
A UE impón grandes limitacións para que os eurodeputados e eurodeputadas poidan ter acceso aos documentos da negociación do TTIP. Só lles permite ver unha parte, de forma individual, nunha sala segura, sen dispositivos electrónicos nin bolígrafos e prohíbelles divulgar o seu contido.
Deteñen dous galegos no aeroporto do Porto acusados de terrorismo. Segundo recolle o xornal Público, o Serviço de Estrangeiros e Fronteiras interceptoulles un pasaporte falso de Venezuela, país ao que ían viaxar.
Yuri Fraccaroli analiza para o IGADI a situación política en Brasil e as dificultades que está atravesando Dilma Rousseff, con malos resultados económicos, un baixo nivel de popularidade e manifestacións contra ela convocadas para este domingo 15 de marzo, e apoiadas por sectores dereitistas.
A presidenta do Parlamento expulsa do pleno a deputada do BNG Carme Adán por esixir intervir 10 minutos no debate dunha interpelación, como marca o Regulamento. Pilar Rojo apela a un acordo do inicio da lexislatura que o Bloque ve "roto" e os nacionalistas lamentan o "abuso de poder" da presidenta. Todo o grupo do BNG abandonou a sesión como sinal de protesta.
Rouco Varela enviou un SMS tras o 11-M: "Todos a votar. Perdemos. Pásalo". Así o asegura o ex ministro José Bono nas súas memorias, segundo afirmou nunha entrevista na Cadena SER.