Catro anos despois do accidente de Fukushima, continúa a descontaminación da área afectada pola radiación. Foi limpado un 16% do total e o número de persoas evacuadas pasou de 420.000 a 240.000.
Fálase
A UE impón grandes limitacións para que os eurodeputados e eurodeputadas poidan ter acceso aos documentos da negociación do TTIP. Só lles permite ver unha parte, de forma individual, nunha sala segura, sen dispositivos electrónicos nin bolígrafos e prohíbelles divulgar o seu contido.
Deteñen dous galegos no aeroporto do Porto acusados de terrorismo. Segundo recolle o xornal Público, o Serviço de Estrangeiros e Fronteiras interceptoulles un pasaporte falso de Venezuela, país ao que ían viaxar.
Yuri Fraccaroli analiza para o IGADI a situación política en Brasil e as dificultades que está atravesando Dilma Rousseff, con malos resultados económicos, un baixo nivel de popularidade e manifestacións contra ela convocadas para este domingo 15 de marzo, e apoiadas por sectores dereitistas.
A presidenta do Parlamento expulsa do pleno a deputada do BNG Carme Adán por esixir intervir 10 minutos no debate dunha interpelación, como marca o Regulamento. Pilar Rojo apela a un acordo do inicio da lexislatura que o Bloque ve "roto" e os nacionalistas lamentan o "abuso de poder" da presidenta. Todo o grupo do BNG abandonou a sesión como sinal de protesta.
Rouco Varela enviou un SMS tras o 11-M: "Todos a votar. Perdemos. Pásalo". Así o asegura o ex ministro José Bono nas súas memorias, segundo afirmou nunha entrevista na Cadena SER.
O blog de Público 4º Poder en Red entrevista Juan Jesús Sánchez Manzano, xefe dos Tedax durante os atentados do 11-M, que destaca que “dende o principio soubemos que non fora ETA”. Afirma que “o 11-M mostrou que en España hai unha potente maquinaria para manipular a opinión pública”
A Consellaría de Sanidade publicará finalmente o informe da Comisión de Bioética que fora inicialmente censurado. A Xunta comprométese ademais a modificar a composición da comisión, hoxe presidida por un cargo político.
O Concello de Ribadeo pide non impoñer un cupo diario para acceder á praia das Catedrais. Como alternativa, propón instalar un posto de control que vete o acceso en momentos determinados
Os sindicatos celebraron en Ferrol divididos, un ano máis, o 10 de marzo. Ademais, o alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, foi apupado no momento de realizar a ofrenda floral no monumento dedicado a Amador e Daniel.