Ada Colau reclámalle a IU que rompa o pacto de goberno en Andalucía pola Corrala Utopía e diríxese a Susana Díaz: "Non queremos a túa legalidade de miles de desafiuzamentos e miles de vivendas baleiras"
Fálase
O PP confirma a Millán Mon como referencia do partido para Galicia no oitavo posto da súa candidatura das eleccións europeas. Os conservadores inclúen a deputada autonómica Carmen Pardo no vixésimo quinto posto, que a priori non é de saída.
O BNG denuncia que a asistencia sanitaria perdida por permanecer 90 días fóra do país non se recupera de forma autómatica, como afirmou o secretario xeral do Servizo de Saúde, Antonio Fernández Campa. Montse Prado sinalou no Parlamento que as persoas afectadas deben realizar unha solicitude e cumprir unha serie de requisitos para recuperar esta prestación
O ex ministro socialista Miguel Sebastián propón deixar as tres autonomías históricas e "diluír" o resto. Sitúa a súa proposta no intento de reducir o gasto público.
O xornalista Héctor Juanatey analiza e contrasta en El Diario a versión gobernamental sobre Resistencia Galega. Existe Resistencia Galega ou é un bulo do Goberno?
A Policía anuncia a detención en Santiago da persoa á que identifica como "autor de decenas de ameazas de bomba" nas últimas semanas. Aseguran que tamén é o mesmo home que irrompeu no plató do Telediario de TVE, entre outros medios de comunicación.
O diario portugués Público dedica o seu editorial á lusofonía en Galicia e defende a incorporación do país á CPLP. O xornal publica unha reportaxe sobre a aprobación no Parlamento da ILP Valentín Paz-Andrade.
O Goberno quere prohibir aos inmigrantes sen papeis chamar por teléfono desde os locutorios. "Se unha persoa non ten documentación, non poderá facer uso dos teléfonos ou das conexións a Internet", asegurá Interior.
A xuíza da operación Pokemon investiga se o Concello da Coruña lle aboou cantidades extraordinarias a Vendex para a organización do Trofeo Teresa Herrera en 2011 e 2012 por servizos que xa lle debería emprestar por contrato á Concellería de Deportes
Nunha reunión cos portavoces das plataformas de afectados e afectadas polas preferentes, o director xeral do FROB, Antonio Carrascosa, evita concretar prazos para unha solución ao problema, e advirte da dificultade de chegar a unha resolución favorable para todas as vítimas da estafa, unhas 35 mil en Galicia