O diario portugués Público dedica o seu editorial á lusofonía en Galicia e defende a incorporación do país á CPLP. O xornal publica unha reportaxe sobre a aprobación no Parlamento da ILP Valentín Paz-Andrade.
Fálase
O Goberno quere prohibir aos inmigrantes sen papeis chamar por teléfono desde os locutorios. "Se unha persoa non ten documentación, non poderá facer uso dos teléfonos ou das conexións a Internet", asegurá Interior.
A xuíza da operación Pokemon investiga se o Concello da Coruña lle aboou cantidades extraordinarias a Vendex para a organización do Trofeo Teresa Herrera en 2011 e 2012 por servizos que xa lle debería emprestar por contrato á Concellería de Deportes
Nunha reunión cos portavoces das plataformas de afectados e afectadas polas preferentes, o director xeral do FROB, Antonio Carrascosa, evita concretar prazos para unha solución ao problema, e advirte da dificultade de chegar a unha resolución favorable para todas as vítimas da estafa, unhas 35 mil en Galicia
Un erro na libraría OpenSSL, usada para a encriptación de datos en Internet, provoca un dos maiores problemas de seguridade na rede nos últimos anos, impedindo as conexións seguras e deixando ao descuberto información persoal en redes sociais, banca electrónica e outras webs.
Herrero de Miñón defende reinterpretar a Constitución para darlle un encaixe diferenciado a Catalunya, sen que dea pé a unha xeralización e a un café para todos.
Susana Díaz retíralle as competencias de vivenda a IU polo plan de realoxamento das familias da Corrala Utopía. O realoxamento foi freado por Presidencia
Interior retira subvencións a 46 vítimas dos GAL por "pertencer ao mundo de ETA". Admitiuno o titular do ministerio no Congreso en resposta a unha pregunta de Amaiur.
O FROB di aos afectados polas preferentes que traballa nunha solución para eles, pero sen prazos. Os titulares de produtos híbridos consideran "unha nova traizón" que o PP votase contra cambiar a lei para non aplicar quitas.
Unha xuíza da Audiencia Nacional impide que se grave a imaxe de Antonio González Pacheco, Billy El Niño, presunto torturador franquista cuxa extradición reclaman as vítimas impulsoras da querela arxentina. En El Diario