Chipre tamén pide o rescate da UE para a súa banca. O Goberno da illa quere evitar o contaxio da crise grega, tal e como recoñece nun comunicado oficial.
Fálase
Francisco Jorquera di que a dimisión de Mauro Varela é "o mínimo que podía facer" tras faltarlle ao respecto aos afectados polas preferentes. Ademais, e respecto á querela aos directivos de NCG, o candidato do BNG á Xunta di que "está ben que a Fiscalía investigue" pero aclara que "son fundamentais as responsabilidades políticas".
A Executiva Nacional do BNG "condena o golpe de Estado perpetrado en Paraguai" e chama "ao restablecemento da democracia" no país. O Bloque coida que a destitución de Fernando Lugo é "violar a vontade popular". "Detrás deste golpe áchanse os mesmos sectores sociais que, co apoio do imperialismo norteamericano, sustentaron en tempos a ditadura de Stroessner, isto é, a oligarquía latifundista que abomina de calquer cambio favorábel ás maiorías sociais", din.
Feijóo coida que a ampliación da sede central de Inditex "proba que Galicia é solvente, fiable e apta para calquera emprendedor"
O Club Deportivo Lugo pecha a axenda das celebracións polo ascenso á Segunda División. Ás 19:30 o equipo sairá do estadio Anxo Carro nun autobús que o levará á Deputación, onde serán recibidos ás 20:00. Media hora máis tarde celebrarase a recepción no Concello e, a continuación, darán unha volta á Muralla.
Mauro Varela dimite como presidente de Novacaixagalicia. A decisión prodúcese na xornada en que Anticorrupción anincia a querela contra Julio Fernández Gayoso e catro directivos máis das antigas caixas.
Anticorrupción presenta a querela contra cinco ex directivos de Novagalicia Banco polas prexubilacións e logo de "ocultar os importes tanto aao Consello de Administración como ao Banco de España".
Joaquín Almunia advirte que o rescate bancario suporá unha maior vixilancia sobre España "dígase ou non se diga". O comisario europeo da Competencia asegura que os mecanismos de vixilancia aplicaranse sobre o Estado máis que sobre países que non pediron rescate ningún.
Rajoy anuncia novas medidas económicas "difíciles" que se aplicarán "pronto, ao longo deste ano". O presidente do Goberno advertiuno durante a súa intervención na asemblea xeral da CEOE.
A UE fará a súa propia análise da banca española antes de aplicar o rescate. A troika enviará os seus expertos a Madrid, tal e como explicou o portavoz de Economía da Comisión Europea, Amadeu Altafaj, nunha entrevista en Catalunya Rádio.