Anticorrupción presenta a querela contra cinco ex directivos de Novagalicia Banco polas prexubilacións e logo de "ocultar os importes tanto aao Consello de Administración como ao Banco de España".
Fálase
Joaquín Almunia advirte que o rescate bancario suporá unha maior vixilancia sobre España "dígase ou non se diga". O comisario europeo da Competencia asegura que os mecanismos de vixilancia aplicaranse sobre o Estado máis que sobre países que non pediron rescate ningún.
Rajoy anuncia novas medidas económicas "difíciles" que se aplicarán "pronto, ao longo deste ano". O presidente do Goberno advertiuno durante a súa intervención na asemblea xeral da CEOE.
A UE fará a súa propia análise da banca española antes de aplicar o rescate. A troika enviará os seus expertos a Madrid, tal e como explicou o portavoz de Economía da Comisión Europea, Amadeu Altafaj, nunha entrevista en Catalunya Rádio.
A ministra de Sanidade, Ana Mato, anuncia que o seu departamento está a traballar nun vademecum de medicamentos "de escaso valor terapéutico" para "substituílos por algo natural". En Público.es
O Goberno portugués enfróntase este luns á súa primeira moción de censura. A reprobación ao gabinete de Passos Coelho está impulsada polo PCP. Cóntao Público.
O Concello de Lugo concreta a hora da recepción ao Club Deportivo Lugo polo seu ascenso á Segunda división. Será hoxe ás 20:30, no salón de plenos da casa consistorial luguesa.
O IGADI presenta a súa nova páxina web, cun deseño máis dinámico para unha mellor presentación dos seus traballos de análise e das actividades da Fundación Plácido Castro, o Fondo Galego de Cooperación ou o Observatorio da Política Chinesa.
España vén de enviar a carta na que solicita o rescate para a banca. "Teño a honra de dirixirme a vostede en nome do Goberno de España, para solicitar formalmente asistencia financeira para a recapitalización das entidades financeiras españolas que así o requiran", comeza o texto, no que se aclara que "a elección do instrumento concreto no que materializará esta axuda terá en consideración as diferentes posibilidades dispoñibles na actualidade e aquelas que se poidan decidir no futuro". "O FROB, que actuará en representación do Goberno de España, será a institución receptora dos fondos que canalizará ás entidades financeiras", engade.
Bankia vendeu preferentes a un matrimonio incapaz de ler o contrato. O home ten unha minusvalía visual e a súa muller non sabe ler, tal e como conta 20 minutos.