España vén de enviar a carta na que solicita o rescate para a banca. "Teño a honra de dirixirme a vostede en nome do Goberno de España, para solicitar formalmente asistencia financeira para a recapitalización das entidades financeiras españolas que así o requiran", comeza o texto, no que se aclara que "a elección do instrumento concreto no que materializará esta axuda terá en consideración as diferentes posibilidades dispoñibles na actualidade e aquelas que se poidan decidir no futuro". "O FROB, que actuará en representación do Goberno de España, será a institución receptora dos fondos que canalizará ás entidades financeiras", engade.