Bankia vendeu preferentes a un matrimonio incapaz de ler o contrato. O home ten unha minusvalía visual e a súa muller non sabe ler, tal e como conta 20 minutos.
Fálase
O Wall Street Journal presenta á presidenta de Castilla-La Mancha e secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, como "líder emerxente" na "cruzada a prol da austeridade" e exemplo de recortes.
España pedirá hoxe oficialmente o rescate bancario á Unión Europea, aínda que non se incluirá o importe exacto da cantidade solicitada. As condicións negociaranse a partir de agora.
A Xunta fai pública este luns, xa co curso escolar finalizado, a concesión de axudas aos equipos de normalización lingüística para centros educativos privados. No caso dos públicos, a resolución chegou tres días antes do remate do período lectivo.
O pago polo uso das autovías podería comezar en breve, e segundo Cinco Días as primeiras en cobrar poderían ser as estradas de entrada e saída en Madrid.
Os promotores de Eurovegas visitan hoxe Barcelona e mañá Madrid, e manterán xuntanzas que poden ser decisivas para a adopción dunha decisión. The New York Times publica un editorial titulado Que quere Shelton Adelson?, analizando as razóns do magnate promotor de Eurovegas para gastar millóns de dólares en apoiar a Romney fronte a Obama. Segundo o xornal, o motivo estaría na promesa do actual presidente de aumentar os impostos para as empresas coma a de Adelson, que obteñen a meirande parte dos seus beneficios no extranxeiro.
El Periódico publica unha enquisa de intención de voto que indica que, de celebrarse eleccións, o PP perdería a maioría absoluta, o PSOE manteríase e IU (19-20 escanos) e UPyD (11-12) ascenderían con forza.
Fernando Lugo afirma nunha entrevista que publica Página12 que a súa estratexia pasa pola “resistencia pacífica e o non recoñecemento da presidencia que se instalou despois do golpe de Estado"
Os traballadores toman as instalacións da Televisión Pública de Paraguai. Grupos de manifestantes apóianos na rúa, fronte ao anuncio do goberno de Federico Franco de intervir a cadea.
No seu primeiro discurso como presidente de Exipto, Mohamed Morsi, asegura que "a revolución continúa" até que se consigan os seus obxectivos e comprométese a "preservar os acordos internacionais subscritos polo país".