O Goberno premia a Casa Real nos Presupostos. É unha das institucións que mellor parada sae do elevado recorte para 2012, xa que o seu orzamento só se reduce un 2% respecto do ano anterior, en 170.000 euros, unha porcentaxe moi inferior ao 16,9% de media que se reducen os ministerios.
Fálase
Comunicado da Real Academia Galega en apoio de Andrés Torres Queiruga, condenado pola Conferencia Episcopal. A RAG considera que a pauliña da Igrexa supón unha "grave conculcación da liberdade de pensamento dun grande intelectual e escritor".
Cristóbal Montoro acaba de entregar no Congreso o proxecto de Lei dos Prespupostos Xerais do Estado, os que cualifica como "duros pero imprescindibles" para a recuperación económica.
#SOSFragasdoEume O secretario xeral de Montes reitera que o incendio das Fragas do Eume foi provocado. Esta mañá, os detalles en Praza Pública.
O cómico Leo Bassi prepara a súa 'actuación' no Concello de Santiago, o vindeiro día 12 de abril ás 11 da mañá. Explica que será unha "homenaje a Prisciliano de Ávila, bispo e druida, vítima do escurantismo"
Polémica en Catalunya: o novo vicepresidente da Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals, proposto polo PP, quere que nos mapas do tempo de TV3 deixen de aparecer só Catalunya e as zonas de fala catalá para que se reflicta "toda España". En Vilaweb.
Paro. Galicia ten 27.549 desempregados máis que en marzo de 2011, un aumento do 11,05%, polo que é a quinta autonomia con máis paro rexistrado en España e cunha evolución interanual peor que a media estatal, que é do 9,63 %.
A empresa pública Galaria, dependente de Sanidade, creará unha oficina para realizar o seguimento da futura plataforma loxística do Sergas, xestionada por unha empresa privada. No Diario Oficial de Galicia deste martes.
Paro. O desemprego medra en todas as comunidades autónomas do Estado agás Baleares (-2-27%), Navarra (-0,75%) e Cataluña (-0,58%).
Obama ten nove puntos de vantaxe sobre Romney (51-42%) en doce swing states, aqueles que nos últimos anos non tiveron un dominador claro e nos que finalmente se decide o gañador das presidenciais, coma Colorado, Iowa, Wisconsin, Michigan, Ohio, Pennsylvania, Virginia ou Florida. Hai uns meses estaban practicamente igualados nestes estados. Obama domina claramente entre as mulleres (54-36%), mentres que nos votantes masculinos Romney está diante por un punto (48-47%).