Máis de 180 mortos nunha serie de explosións en varias igrexas e hoteis de Sri Lanka. Hai máis de 400 feridos.
Fálase
Varias enquisas outórganlle unha clara vitoria no #28A ao PSOE, que precisaría un acordo con grupos nacionalistas para gobernar. O inquérito de El País concédelle 129 escanos aos socialistas e o da Voz sitúa o seu posible pacto con Unidas Podemos ao bordo da maioría absoluta. A sondaxe para El Mundo advirte dun "empate entre bloques", mentres que a de Prensa Ibérica apunta a unha vitoria de Sánchez sen maioría clara de goberno.
A Xunta Electoral ordena á TVG "medidas compensatorias inmediatas" a prol de Ciudadanos por non incluír a formación laranxa no seu plan de cobertura electoral e logo de que o partido denunciase non ser convidado ao debate da televisión pública. O organismo estima parcialmente o recurso de C's pero aclara que o presentado contra o devandito plan de cobertura presentouse fóra de prazo.
O Celta vence o Girona (2-1) e dá outro paso importante cara á salvación. Iago Aspas e Boufal marcaron os tantos do equipo vigués.
En Marea condicionará a formación de goberno a que se anule a prórroga concedida "ilegalmente" a ENCE, segundo asegura Luís Villares, que acusa o PSOE de "complicidade" por non revogar a ampliación no Consello de Ministros e a Podemos de "levar a calada por resposta".
En Común esixirá "recursos efectivos" para a rexeneración "inmediata" da ría do Burgo "se ten posición decisiva no Goberno", segundo asegura Antón Gómez-Reino, cabeza de lista pola Coruña da formación.
Oriol Junqueras advirte desde o cárcere que ERC non facilitará "nin por acción nin por omisión un goberno de extrema dereita en España". O líder de ERC ofreceu unha rolda de prensa desde a cadea. Foto: ACN.
O PSOE continúa en alza na primeira semana da campaña pero precisaría a Unidas Podemos e o independentismo para gobernar, segundo unha enquisa para eldiario.es.
A néboa volve cortar en Mondoñedo a A-8, que segue sen data para a solución dos seus problemas de falta de visibilidade máis de cinco anos despois da súa inauguración.
Pedro Sánchez rectifica e ofrece agora dous debates: un o luns 22 en TVE e outro o martes 23 en Atresmedia. O presidente cambia de opinión despois de que a directora de RTVE propuxera o martes 23 como el quería.