O Celta vence o Girona (2-1) e dá outro paso importante cara á salvación. Iago Aspas e Boufal marcaron os tantos do equipo vigués.

O Celta vence o Girona (2-1) e dá outro paso importante cara á salvación. Iago Aspas e Boufal marcaron os tantos do equipo vigués.
En Marea condicionará a formación de goberno a que se anule a prórroga concedida "ilegalmente" a ENCE, segundo asegura Luís Villares, que acusa o PSOE de "complicidade" por non revogar a ampliación no Consello de Ministros e a Podemos de "levar a calada por resposta".
En Común esixirá "recursos efectivos" para a rexeneración "inmediata" da ría do Burgo "se ten posición decisiva no Goberno", segundo asegura Antón Gómez-Reino, cabeza de lista pola Coruña da formación.
Oriol Junqueras advirte desde o cárcere que ERC non facilitará "nin por acción nin por omisión un goberno de extrema dereita en España". O líder de ERC ofreceu unha rolda de prensa desde a cadea. Foto: ACN.
O PSOE continúa en alza na primeira semana da campaña pero precisaría a Unidas Podemos e o independentismo para gobernar, segundo unha enquisa para eldiario.es.
A néboa volve cortar en Mondoñedo a A-8, que segue sen data para a solución dos seus problemas de falta de visibilidade máis de cinco anos despois da súa inauguración.
Pedro Sánchez rectifica e ofrece agora dous debates: un o luns 22 en TVE e outro o martes 23 en Atresmedia. O presidente cambia de opinión despois de que a directora de RTVE propuxera o martes 23 como el quería.
O 18 de abril de 1994, hai hoxe 25 anos, emitíase o primeiro programa do Xabarín Club. Esta semana botou a andar a web xabarin.gal, que recolle sintonías, capítulos de series e outros contidos. Nesta reportaxe destacabamos a "potencia" da Xeración Xabarín
O que arde, o novo filme de Oliver Laxe, competirá na sección oficial do Festival de Cannes. O filme está coproducido pola galega Miramemira e será distribuída por Numax.
A nova proxección para as eleccións europeas mantén o PSOE como primeira forza con 18 escanos seguida do PP con 13. Unidas Podemos sería terceira forza con 8 escanos, seguida de Ciudadanos e Vox. A coalición na que participa o BNG obtería 2, segundo o estudo demoscópico divulgado polo Parlamento Europeo. O reparto xa está axustado a 54 escanos na circunscrición española e non a 59 por mor da participación do Reino Unido nos comicios ao se adiar o Brexit.