A nova proxección para as eleccións europeas mantén o PSOE como primeira forza con 18 escanos seguida do PP con 13. Unidas Podemos sería terceira forza con 8 escanos, seguida de Ciudadanos e Vox. A coalición na que participa o BNG obtería 2, segundo o estudo demoscópico divulgado polo Parlamento Europeo. O reparto xa está axustado a 54 escanos na circunscrición española e non a 59 por mor da participación do Reino Unido nos comicios ao se adiar o Brexit.
Fálase
Acordo para poñer fin á folga de transportistas de mercadorías perigosas que estaba a provocar o desabastecemento de combustibles en Portugal. O Goberno portugués, que mediou no conflito, advirte de que "a normalização será gradual" ata volver ao abastecemento completo de todas as gasolineiras do país veciño. A mobilización estaba a incrementar a afluencia nas gasolineiras de municipios galegos lindeiros con Portugal.
28A | Unha investigación vincula un responsable do PP da Coruña e membro do equipo central de redes do PP coa rede de perfís falsos que apoian a Casado en Twitter. Unha información de eldiario.es. O PP galego xa fora sinalado por estas prácticas antes das eleccións galegas de 2016.
28A | Este 18 de abril é o derradeiro día para solicitar o voto por correo nas eleccións xerais. Correos abrirá as súas oficinas malia cadrar a fin do prazo co Xoves Santo
Detido en Marrocos un presunto xihadista que supostamente pretendía atentar en Sevilla durante a Semana Santa, segundo informa o Ministerio do Interior (Imaxe: CC BY-SA Sevilla Congress & Convention Bureau)
Radio Océano volve este xoves aos escenarios da Coruña cun concerto ás 21 horas no Garufa Club. "Radio Océano e La Naval formaban parte do mesmo: ganas de molestar", dicíanos hai uns meses o seu cantante, Xosé Manuel Pereiro.
Portugal declara o estado de alerta ante a folga de transportistas de materias perigosas que está a desabastecer as gasolineiras. A folga está a incrementar aínda máis o xa tradicional uso das gasolineiras galegas por parte dos portugueses polo menor custo do combustible.
28A | Cee, Vilalba, Vilagarcía, Pontevedra, Cangas e Chantada acollen este 17 de abril algúns dos principais actos da sexta xornada da campaña electoral das xerais en Galicia. Neste mapa, as horas e lugares en que se celebran.
Té con Gotas publica novo podcast desde o Reino Unido. Desta volta analiza a as eleccións europeas no UK tras o adiamento do Brexit e entrevista a Celso Sotelo, transportista de Carballo que conecta Galicia e Londres en furgoneta.
28A | Atresmedia reformula o seu debate tras o apercibimento da Xunta Electoral e convócao agora para PP, PSOE, Unidas Podemos e Ciudadanos, o mesmo convite que reitera RTVE ás mesmas forzas políticas. Pedro Sánchez anunciou esta mañá que, finalmente, si acudirá á convocatoria da televisión pública estatal e non ao de Atresmedia.