Té con Gotas publica novo podcast desde o Reino Unido. Desta volta analiza a as eleccións europeas no UK tras o adiamento do Brexit e entrevista a Celso Sotelo, transportista de Carballo que conecta Galicia e Londres en furgoneta.

Té con Gotas publica novo podcast desde o Reino Unido. Desta volta analiza a as eleccións europeas no UK tras o adiamento do Brexit e entrevista a Celso Sotelo, transportista de Carballo que conecta Galicia e Londres en furgoneta.
28A | Atresmedia reformula o seu debate tras o apercibimento da Xunta Electoral e convócao agora para PP, PSOE, Unidas Podemos e Ciudadanos, o mesmo convite que reitera RTVE ás mesmas forzas políticas. Pedro Sánchez anunciou esta mañá que, finalmente, si acudirá á convocatoria da televisión pública estatal e non ao de Atresmedia.
A comisaria europea de Transporte, Violeta Bulc, volve recibir á eurodeputada do BNG Ana Miranda, que lle pide que tome unha decisión definitiva sobre a actuación de España no accidente de Angrois antes de que remate o seu mandato en novembro. A Comisión abriu en xaneiro un novo procedemento de infracción a España por seguridade ferroviaria.
28A | A Xunta Electoral Central advirte a Atresmedia de que non pode celebrar o debate electoral que prevía con PP, PSOE, Podemos, Ciudadanos e tamén a Vox. O organismo que supervisa o proceso electoral considera, en resposta ás reclamacións de ERC, PDeCAT, PNV e CC que a formación de extrema dereita non pode ser considerado como grupo representativo ao nivel de formacións con representación parlamentaria e insta o grupo de comunicación a formular unha alternativa. Este é o único debate ao que Pedro Sánchez confirmou a súa presenza ata o momento.
O Ministerio de Ciencia outorga a Vigo e Ames a distición Cidade da Ciencia e a Innovación. Con eles xa son 72 os municipios recoñecidos en todo o Estado polas súas políticas locais innovadoras.
28A | Vigo, Verín, Ordes, Ames, Boiro e Punxín acollen este martes algúns dos principais actos electorais da xornada en Galicia. Consulta neste mapa horas e lugares.
28A | O BNG denuncia novas pintadas ameazantes contra Carme da Silva, cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra e edil no goberno pontevedrés. "A compañeira e candidata ao Congreso outra vez na diana da mafia. Que lles quede claro que non daremos un paso atrás na defensa de Galiza e dos nosos ideais", afirma a formación nacionalista. Unha pintada semellante contra Da Silva xa aparecera o pasado marzo.
O PP de Lugo esixe a retirada dun mural con versos de Manuel María sobre os mártires de Carral elaborado polo centro social Mádia Leva. Segundo os conservadores, o Concello debe retiralo por conter motivos "independentistas" e "afíns ao BNG". O Concello aclara que o mural, elaborado nun espazo de propiedade municipal, conta con todos os permisos e encádrao no dereito á liberdade de expresión. (Imaxe: C.S. Mádia Leva)
28A | A TVG acolle dende as 10 da mañá o único debate electoral televisado para toda Galicia previo ás eleccións xerais. Participan representantes de PP, PSdeG, En Común-Unidas Podemos, En Marea e BNG. Pódese recuperar a gravación na súa web. (Imaxe: CRTVG)
28A | Facebook borra decenas de anuncios electorais de PSOE e Ciudadanos por non rexistrárense a tempo na ferramenta de transparencia desta rede social.