O Ministerio de Ciencia outorga a Vigo e Ames a distición Cidade da Ciencia e a Innovación. Con eles xa son 72 os municipios recoñecidos en todo o Estado polas súas políticas locais innovadoras.
Fálase
28A | Vigo, Verín, Ordes, Ames, Boiro e Punxín acollen este martes algúns dos principais actos electorais da xornada en Galicia. Consulta neste mapa horas e lugares.
28A | O BNG denuncia novas pintadas ameazantes contra Carme da Silva, cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra e edil no goberno pontevedrés. "A compañeira e candidata ao Congreso outra vez na diana da mafia. Que lles quede claro que non daremos un paso atrás na defensa de Galiza e dos nosos ideais", afirma a formación nacionalista. Unha pintada semellante contra Da Silva xa aparecera o pasado marzo.
O PP de Lugo esixe a retirada dun mural con versos de Manuel María sobre os mártires de Carral elaborado polo centro social Mádia Leva. Segundo os conservadores, o Concello debe retiralo por conter motivos "independentistas" e "afíns ao BNG". O Concello aclara que o mural, elaborado nun espazo de propiedade municipal, conta con todos os permisos e encádrao no dereito á liberdade de expresión. (Imaxe: C.S. Mádia Leva)
28A | A TVG acolle dende as 10 da mañá o único debate electoral televisado para toda Galicia previo ás eleccións xerais. Participan representantes de PP, PSdeG, En Común-Unidas Podemos, En Marea e BNG. Pódese recuperar a gravación na súa web. (Imaxe: CRTVG)
28A | Facebook borra decenas de anuncios electorais de PSOE e Ciudadanos por non rexistrárense a tempo na ferramenta de transparencia desta rede social.
Devastador incendio na catedral de Notre Dame de París. As lapas e o fume negro son visibles desde diferentes puntos. O lume arrasou gran parte das cubertas do templo parisiense, que agardaba dende hai anos por unha restauración que estaba a ser parcialmente executada. Nesta ligazón, sinal da canle France 24 ao vivo e nestoutra, información en directo de Le Monde
A Universidade da Coruña convoca, en colaboración co Círculo Escéptico, a I edición dos Premios Isabel Zendal co obxectivo de promover o pensamento crítico e a cultura científica. Poderán participar todos os alumnos e alumnas entre 1º de ESO e 2º de Bacharelato
28A | O Carballiño, Culleredo, O Porriño, Monforte, Carballo e Pontevedra acollen este luns algúns dos principais actos electorais da xornada en Galicia. Estas son as horas e lugares previstos polas forzas políticas.
O fiscal de Medio Ambiente de Galicia resalta que en torno ao 80% dos incendios son intencionados, pero apenas "o 3% ou 4% teñen intención de facer mal", sinala Álvaro García Ortiz na Cadena SER a partir dos datos que manexa a Fiscalía.