O PP fai novos chamamentos a conformar unha gran coalición, desta volta a través de Luis de Guindos e empregando o Brexit como argumento.
Fálase
O ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, maquinou xunto ao director da Oficina Antifrau de Catalunya, Daniel de Alfonso, para buscar casos de corrupción que puidesen acusar a contorna do líder de ERC, Oriol Junqueras. Público ofrece en exclusiva as gravacións que inculpan o ministro de Interior.
Xulio Ferreiro representará a Galicia no acto de peche de campaña de Unidos Podemos e as confluencias en Madrid. O alcalde da Coruña participará no acto das forzas rupturistas do vindeiro venres.
O pleno do Parlamento debaterá crear unha comisión de investigación sobre o incendio de Fandicosta, como reclama o PSdeG.
O PP ameaza con demandar a 'El Mundo Today' por unha web paródica sobre Rajoy. Vén de revelalo nas súas redes sociais o portal humorístico, que anuncia o peche da web para "evidenciar" que os populares carecen de "sentido do humor"
Volven as 'froitas' electorais dende Andorra tras a prohibición de publicar enquisas previas ás xerais. Este é o resultado que ofrece Electograph a partir de El Periodic d'Andorra, como explica aquí El Periódico de Catalunya.
Deteñen un home no centro de Bruxelas que aseguraba portar un cinto de explosivos. Está a contalo o diario Le Soir
O Concello de Lugo estima que acadou o obxectivo de 600.000 visitantes ao Arde Lucus e estuda declarar festivo o venres da festa ou o luns posterior.
Expertos alertan de maior risco de incendios durante o verán en Galicia por mor das intensas chuvias da primavera. Recólleo Faro de Vigo.
VÍDEO O PP amosa un gráfico manipulado no debate de TVE para gabarse do seu gasto social. O partido tamén o difundiu en Twitter, pero despois borrouno e publicou unha nova versión, con desproporcións pero coas barras que representan valores inferiores máis pequenas que as de importes maiores.