Alexandre Sánchez Vidal afirma sobre a sentenza que o absolve no caso dos paneis que "o obxectivo era quebrar o BNG no Concello e conseguirono, pero estamos felices"
Fálase
Obama fai un chamamento aos líderes republicano e demócrata do Congreso na procura dun acordo ante os retos económicos.
Google dedicalle o seu doodle de hoxe a Bram Stoker para conmemorar o 165º aniversario do nacemento do autor de Drácula.
Griñán e Rubalcaba coinciden en non adiantar as primarias socialistas fronte á posición do barón manchego Emiliano García-Page e o extremeño Guillermo Fernández Vara de acelerar o proceso.
A Asemblea Universitaria de Vigo, os Comités Abertos e a Liga Estudantil Galega véñense de pechar na escola de Peritos de Vigo para "reclamar un ensino de calidade e chamar á folga xeral"
O PP presume de que Feijóo gañou á crise antes que Obama. Así o conta o Huffington Post neste artigo.
Iberia ultima a compra de Vueling. Prepara unha OPA sobre a aeroliña que conta co visto e prace dos accionistas do grupo, segundo conta La Información.
A Mesa parabeniza o Concello de Lugo pola eliminación de nomes franquistas das rúas da cidade e lembra a proposta cidadá encamiñada a que un dos cambios sexa o de Ramón Ferreiro (antigo falanxista) polo poeta Lois Pereiro.
Ecologistas en Acción convida a "manchar de chapapote" os responsables políticos do Prestige. A organización convida a facelo virtualmente a través dunha aplicación que se pode descargar na súa web.
Atenas énchese de manifestantes nunha nova manifestación contra as medidas de austeridade. Grecia vive unha xornada de 48 horas de folga xeral que comezou o pasado martes. Imaxe de @acampadabcn_int.