A Mesa parabeniza o Concello de Lugo pola eliminación de nomes franquistas das rúas da cidade e lembra a proposta cidadá encamiñada a que un dos cambios sexa o de Ramón Ferreiro (antigo falanxista) polo poeta Lois Pereiro.

A Mesa parabeniza o Concello de Lugo pola eliminación de nomes franquistas das rúas da cidade e lembra a proposta cidadá encamiñada a que un dos cambios sexa o de Ramón Ferreiro (antigo falanxista) polo poeta Lois Pereiro.
Ecologistas en Acción convida a "manchar de chapapote" os responsables políticos do Prestige. A organización convida a facelo virtualmente a través dunha aplicación que se pode descargar na súa web.
Atenas énchese de manifestantes nunha nova manifestación contra as medidas de austeridade. Grecia vive unha xornada de 48 horas de folga xeral que comezou o pasado martes. Imaxe de @acampadabcn_int.
Véñense de facer públicos os Premios Ondas de 2012. Entre eles destaca a distinción como mellor programa de radio para Carne Cruda, suprimido de RNE no medio dunha intensa polémica e acusacións de censura.
O Goberno central e o PSOE pactan aprobar unha lei sobre os desafiuzamentos antes de fin de ano. En El Diario.
Facenda ingresa 133 millóns por control e embargos a clubs de fútbol. Os importes embargados en 2012 aos equipos ascenden a máis de 55 millóns, tal e como informa Europa Press.
O Deportivo da Coruña acollerase á lei concursal ante a súa difícil situación económica. Así o asegurou este mércores a Cadena Cope.
Artur Mas pide a Bruxelas que achegue solucións a Catalunya se opta por ser un estado dentro da UE. "Sería un contrasentido que se nos excluíse", asegurou.
Bruxelas esnaquiza as previsións de crecemento de España e asegura que caerá un 1,4% e que incumprirá o déficit. O Goberno calcula unha contracción do 0,5%.
O Diario de Ferrol entrevista Silvia Casal, a moza de Narón detida hai unhas semanas pola súa suposta vinculación con Resistencia Galega e que acabou sendo posta en liberdade sen cargos despois de pasar dous dias incomunicada. “Vexo que non hai ningún límite, que poden facer o que queiran coas persoas, sen consecuencias”, di.