Facenda ingresa 133 millóns por control e embargos a clubs de fútbol. Os importes embargados en 2012 aos equipos ascenden a máis de 55 millóns, tal e como informa Europa Press.
Fálase
O Deportivo da Coruña acollerase á lei concursal ante a súa difícil situación económica. Así o asegurou este mércores a Cadena Cope.
Artur Mas pide a Bruxelas que achegue solucións a Catalunya se opta por ser un estado dentro da UE. "Sería un contrasentido que se nos excluíse", asegurou.
Bruxelas esnaquiza as previsións de crecemento de España e asegura que caerá un 1,4% e que incumprirá o déficit. O Goberno calcula unha contracción do 0,5%.
O Diario de Ferrol entrevista Silvia Casal, a moza de Narón detida hai unhas semanas pola súa suposta vinculación con Resistencia Galega e que acabou sendo posta en liberdade sen cargos despois de pasar dous dias incomunicada. “Vexo que non hai ningún límite, que poden facer o que queiran coas persoas, sen consecuencias”, di.
O ministro do Interior nega que a unión entre dúas persoas do mesmo sexo sexa un matrimonio, malia á sentenza do Tribunal Constitucional que o avala. Adiántao a SER.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os resultados definitivos das eleccións do 21 de outubro e a relación de deputados e deputadas que conformarán o Parlamento galego da novena lexislatura.
O 15% dos deputados perderon os seus iPads e o Congreso tivo que mercarlles uns novos. Con todo, xa se anunciou que isto non se repetirá no futuro e non se renovarán os aparellos extraviados ou rotos.
A produción industrial cae en setembro un 11,7% no Estado e acumula unha baixada interanual do -2,5%. Galicia é a única comunidade autónoma con crecemento respecto do mesmo periodo do ano pasado (+2,2%)
Faltan ainda algunhas cousas por saberse nas eleccións norteamericanas. Por exemplo o referendo que se votou en California para abolir a pena de morte. O resultado considérase clave pola influencia que poderia ter para acabar coas execucións noutros estados.