Bruxelas esnaquiza as previsións de crecemento de España e asegura que caerá un 1,4% e que incumprirá o déficit. O Goberno calcula unha contracción do 0,5%.
Fálase
O Diario de Ferrol entrevista Silvia Casal, a moza de Narón detida hai unhas semanas pola súa suposta vinculación con Resistencia Galega e que acabou sendo posta en liberdade sen cargos despois de pasar dous dias incomunicada. “Vexo que non hai ningún límite, que poden facer o que queiran coas persoas, sen consecuencias”, di.
O ministro do Interior nega que a unión entre dúas persoas do mesmo sexo sexa un matrimonio, malia á sentenza do Tribunal Constitucional que o avala. Adiántao a SER.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os resultados definitivos das eleccións do 21 de outubro e a relación de deputados e deputadas que conformarán o Parlamento galego da novena lexislatura.
O 15% dos deputados perderon os seus iPads e o Congreso tivo que mercarlles uns novos. Con todo, xa se anunciou que isto non se repetirá no futuro e non se renovarán os aparellos extraviados ou rotos.
A produción industrial cae en setembro un 11,7% no Estado e acumula unha baixada interanual do -2,5%. Galicia é a única comunidade autónoma con crecemento respecto do mesmo periodo do ano pasado (+2,2%)
Faltan ainda algunhas cousas por saberse nas eleccións norteamericanas. Por exemplo o referendo que se votou en California para abolir a pena de morte. O resultado considérase clave pola influencia que poderia ter para acabar coas execucións noutros estados.
Microsoft acabar co popular programa de chat Messenger para migrar os seus usuarios para o Skype, o servizo de chamadas por Internet que mercou o ano passado.
Bruxelas decide hoxe se España debe facer máis recortes. A Comisión Europea ditaminará se os axustes do Goberno de Rajoy e das comunidades autónomas son suficientes.
Ao redor das cinco da mañá Obama agradeceu a súa vitoria a través de twitter e tamén na súa páxina web. Romney tardou ainda dúas horas máis en recoñecer a derrota. Finalmente Obama obtivo unha vitoria cómoda en votos electorais cun resultado moi axustado no voto popular. E o que é moi importante: os republicanos seguirán controlando a cámara de representantes e os demócratas o Senado.