Unha empresa de Málaga renuncia ao servizo de comedores escolares en Santiago. "Non somos ben recibidos", di en La Voz de Galicia, logo de que a Xunta rescindise o seu contrato noutros colexios galegos.
Fálase
Yolanda Díaz será a número 2 de En Marea pola Coruña. A deputada de AGE no Parlamento ocupará o segundo posto da lista, por detrás de Antón Gómez-Reino, de Podemos.
Unha cadea de ataques no centro de París provoca cando menos unha trintena de mortes. Os tiroteos e explosións producíronse en lugares como unha sala de concertos e o Stade de France. Eldiario.es ofrece ao vivo o sinal de Euronews, que informa sobre o sucedido.
A independencia de Catalunya sería apoiada polo 46,7% da poboación, segundo unha enquisa do CEO. A CUP aumentaría o seu apoio electoral nunhas hipotéticas eleccións.
O PP faise coa alcaldía de Oia, grazas á moción de censura que presentou co apoio de Converxencia Galega. A popular Cristina Correa substitúe a socialista Rosa María Otero, rexedora nos últimos cinco meses.
Gladys Afonso, Xosé Manuel Saa, Carlos Lorenzo e Alexandra Fernández serán as primeiras propostas de Anova para a lista de En Marea ao Congreso, tras ser as persoas máis votadas no proceso de primarias internas celebradas entre a militancia da formación
O primeiro centro galego da rede Impact Hub celebrará o seu acto de presentación o 20 de novembro en Vigo. No encontro #doCompás participarán axentes sociais, culturais e educativos. Impact Hub é unha rede de profesionais dedicados á innovación social e o desenvolvemento, que promoven proxectos deseñados para favorecer a economía social, a igualdade de dereitos e a inclusión.
The Offspring, Volbeat ou Bullet For My Valentine, entre as primeiras confirmacións para a edición 2016 do Resurrection Fest, que se celebrará do 7 ao 9 de xullo en Viveiro.
Todo preparado para o visionado colectivo e expansivo de Encallados, proposto polo equipo do filme para conmemorar o aniversario do Prestige. O filme proxectarase ás 20.30 horas en Compostela (Unitaria), e xa se pode ver online a través da web
Unha onda xigante puido causar o accidente do Prestige. Cóntao GCiencia en referencia a unha investigación internacional que ve elevadas probabilidades de ondas moi altas e cruzadas que batesen no petroleiro no 2002.