Dúas rapazas galegas, finalistas do concurso internacional 'YouTube Space Lab', organizado pola NASA e a Axencia Espacial Europea. Laura Calvo e María Vilas, de 15 anos, que estudan no colexio público Dos Dices da Coruña, viaxarán agora a Washington para participar na final.
Fálase
Os nomes para novas rúas de Santiago, proposto polo alcalde, Gerardo Conde Roa, e aprobado por PP e PSdeG, inclúe ao cardeal Rouco Varela, aos ex presidentes Touriño e Laxe, ao Papa Bieito XVI, a Enrique Rajoy, ao Batallón Literario e a José María Aznar, entre outros. Velaquí o listado completo.
Praza regálavos dous convites para ver a Marful esta fin de semana
Julio Fernández Gayoso e Mauro Varela, copresidentes de Novacaixagalicia, teñen substitutos no consello de administración do banco ao que a caixa transferiu todo o seu negocio financeiro. As persoas que ocuparán o seu lugar son vellas coñecidas das caixas: Gonzalo Ortiz e Pilar Cibrán. Gayoso e Varela non cobrarán indemnización de NGB.
Ao PP tampouco lle serve Joan Tardá para representar o Grupo Mixto do Congreso Comisión de Segredos Oficiais. Di "respectar" o deputado de ERC e asegura non desexar "un baile de nomes", pero vetará as propostas se implican integrar un deputado de Esquerra ou de Amaiur.
E tamén en Compostela (via @rubencomesana)
Moita participación tamén en Ourense na manifestación en defensa dos servizos públicos
Despois de Manuel Fraga, José María Aznar e o Papa Bieito XVI tamén terán rúas en Santiago
Milleiros de persoas tamén na manifestación de Lugo (via @xsglugo)
Milleiros de persoas maniféstanse nestes momentos nas sete cidades galegas "en defensa dos servizos públicos" convocados de maneira unitaria por CIG, UGT, CCOO e CSI-F. Ao redor de cinco mil persoas na Coruña e cifras igualmente importantes no resto. Imaxe da marcha na Coruña