O PPdeG anuncia a edición "do seu propio xornal, en papel" nas cidades galegas para "desenmascarar" os "gobernos populistas, dos socialistas e dos nacionalistas" e "reivindicar" a "seriedade" do concello urbano que gobernan, o de Ourense.
Fálase
Esta será a identificación dos buses escolares aos que a partir do luns poderán subir outros usuarios. No curso que agora empeza as liñas compartidas serán un 10% do total, principalmente en Ourense e Lugo. Consulta aquí o listado.
Un terremoto de máis de 8 graos na escala Richter sacudiu México. É o sismo máis forte que sofre o país centroamericano en tres décadas.
A Xunta só permitirá alimentar e recoller animais abandonados en caso de emerxencia. Recólleo Faro de Vigo. É un dos preceptos da nova lei de benestar animal, que avanza na súa tramitación parlamentaria e que, malia ao reclamado pola oposición, non limitará as touradas.
O Ministerio de Educación utilizará a persoas desempregadas sen contrato para xestionar bolsas. É unha exclusiva de eldiario.es. Noutros anos o Ministerio botou man da empresa semipública Tragsa para desenvolver este labor, como informou Praza.gal.
A Fiscalía pide ao xuíz rexistrar a imprenta que podería imprimir as papeletas do 1-O.
VÍDEO | O PPdeG lanza un vídeo para celebrar o centenario do ex-presidente Fernández Albor, que chegou aos 100 anos este 7 de setembro. Feijóo lanzou tras o presidente da Xunta unha felicitación que asegurou enviar no nome "de todos os galegos".
A Xunta aproba o calendario laboral do 2018, con datas festivas habituais como o Día Nacional de Galicia ou o Día das Letras. Desta volta o 17 de maio é un festivo "recuperable" en función do criterio de cada empresa, ao non cadrar en domingo ningún festivo estatal co que intercambialo, como xa acontecera outros anos como 2000, 2001 ou 2007. A estas xornadas festivas engádense as de ámbito municipal.
Rajoy anuncia o recurso do Goberno de España ante o Constitucional contra a lei do referendo de autodeterminación de Catalunya e mais o decreto de convocatoria, e reitera que "esa consulta non se vai celebrar en ningún caso". Esta acción, sinala, tamén "defende o autogoberno" catalán.
A Fiscalía Xeral do Estado anuncia querelas criminais contra a Mesa do Parlament e o goberno de Puigdemont.