El BOE nuestro de cada día repasa 12 millóns en 221 achegas directas da Xunta a medios de comunicación mediante convenios. A web é parte dun proxecto da Fundación Civio.

El BOE nuestro de cada día repasa 12 millóns en 221 achegas directas da Xunta a medios de comunicación mediante convenios. A web é parte dun proxecto da Fundación Civio.
A Deputación de Lugo abre o prazo de candidaturas para os Premios #InLugo, que serán entregados na nova edición do congreso de cultura dixital e redes sociais, os vindeiros 16 e 17 de decembro. As propostas poden ser formuladas ata o día 12 do mes que vén.
Falece a actriz Dorotea Bárcena. Tiña 72 anos e desenvolveu unha ampla carreira en teatro, cinema e televisión.
O pleno de Vigo aproba inicialmente os Orzamentos do Concello para 2017 cos votos do PSdeG. É a primeira das cidades galegas en cumprir este trámite. A Coruña, Lugo, Santiago e Pontevedra traballan xa nesas contas, mentres que Ferrol mantén prorrogadas as de 2015 e Ourense, as de 2014.
Un suposto grupo islamita de Tunisia piratea unha web do Bispado de Lugo. Cóntao El Progreso.
Trump retirará os EUA do tratado comercial do Pacífico nada máis chegar ao goberno. Nun vídeo, anuncia medidas para os 100 primeiros días na Casa Branca que inclúen medidas contra restricións á contaminación e ás financeiras ou man dura coa inmigración. Propón a Reino Unido que o racista Nigel Farage sexa o embaixador nos Estados Unidos.
A Royal Navy dispara bengalas en Xibraltar contra un buque oceanográfico vigués, o Ángeles Alvariño, que realizaba unha campaña científica e foi escoltado fóra das augas que o Reino Unido considera da súa soberanía.
Case 70.000 galegas poden pedir o reintegro do IRPF da prestación por maternidade logo que unha sentenza obrigase a Facenda a devolvelo e abrise a porta a unha morea de demandas.
Feijóo presenta os 'superdelegados' da Xunta como mostra do "inconformismo" do seu Goberno. Afirmouno durante a toma de posesión dos delegados territoriais do Executivo e mais do director xeral do seu gabinete. As delegacións, de marcado perfil político estiveron vacantes os últimos tres meses.
Feijóo anuncia a devolución aos funcionarios das pagas extras durante 2017 e a reclamación da transferencia da AP-9 ao Goberno central. Fíxoo nunha entrevista na Radio Galega.