Falece a actriz Dorotea Bárcena. Tiña 72 anos e desenvolveu unha ampla carreira en teatro, cinema e televisión.

Falece a actriz Dorotea Bárcena. Tiña 72 anos e desenvolveu unha ampla carreira en teatro, cinema e televisión.
O pleno de Vigo aproba inicialmente os Orzamentos do Concello para 2017 cos votos do PSdeG. É a primeira das cidades galegas en cumprir este trámite. A Coruña, Lugo, Santiago e Pontevedra traballan xa nesas contas, mentres que Ferrol mantén prorrogadas as de 2015 e Ourense, as de 2014.
Un suposto grupo islamita de Tunisia piratea unha web do Bispado de Lugo. Cóntao El Progreso.
Trump retirará os EUA do tratado comercial do Pacífico nada máis chegar ao goberno. Nun vídeo, anuncia medidas para os 100 primeiros días na Casa Branca que inclúen medidas contra restricións á contaminación e ás financeiras ou man dura coa inmigración. Propón a Reino Unido que o racista Nigel Farage sexa o embaixador nos Estados Unidos.
A Royal Navy dispara bengalas en Xibraltar contra un buque oceanográfico vigués, o Ángeles Alvariño, que realizaba unha campaña científica e foi escoltado fóra das augas que o Reino Unido considera da súa soberanía.
Case 70.000 galegas poden pedir o reintegro do IRPF da prestación por maternidade logo que unha sentenza obrigase a Facenda a devolvelo e abrise a porta a unha morea de demandas.
Feijóo presenta os 'superdelegados' da Xunta como mostra do "inconformismo" do seu Goberno. Afirmouno durante a toma de posesión dos delegados territoriais do Executivo e mais do director xeral do seu gabinete. As delegacións, de marcado perfil político estiveron vacantes os últimos tres meses.
Feijóo anuncia a devolución aos funcionarios das pagas extras durante 2017 e a reclamación da transferencia da AP-9 ao Goberno central. Fíxoo nunha entrevista na Radio Galega.
Os galegos con rendas baixas crecen en 47.000 desde o inicio da crise. A media de ingresos por fogar caeu en 134 euros mensuais.
François Fillon e Alain Juppé concorrerán o vindeiro domingo na segunda volta das primarias da dereita francesa, tras acadar o 43,7% e o 27,8% na primeira volta, superando a Nicolas Sarkozy (21,7%). Fillon, cun discurso máis conservador, creceu nas últimas semanas e aparece como o gran favorito, tras recibir o apoio de Sarkozy. Ao redor de catro millóns de persoas participaron na votación.