A Royal Navy dispara bengalas en Xibraltar contra un buque oceanográfico vigués, o Ángeles Alvariño, que realizaba unha campaña científica e foi escoltado fóra das augas que o Reino Unido considera da súa soberanía.

A Royal Navy dispara bengalas en Xibraltar contra un buque oceanográfico vigués, o Ángeles Alvariño, que realizaba unha campaña científica e foi escoltado fóra das augas que o Reino Unido considera da súa soberanía.
Case 70.000 galegas poden pedir o reintegro do IRPF da prestación por maternidade logo que unha sentenza obrigase a Facenda a devolvelo e abrise a porta a unha morea de demandas.
Feijóo presenta os 'superdelegados' da Xunta como mostra do "inconformismo" do seu Goberno. Afirmouno durante a toma de posesión dos delegados territoriais do Executivo e mais do director xeral do seu gabinete. As delegacións, de marcado perfil político estiveron vacantes os últimos tres meses.
Feijóo anuncia a devolución aos funcionarios das pagas extras durante 2017 e a reclamación da transferencia da AP-9 ao Goberno central. Fíxoo nunha entrevista na Radio Galega.
Os galegos con rendas baixas crecen en 47.000 desde o inicio da crise. A media de ingresos por fogar caeu en 134 euros mensuais.
François Fillon e Alain Juppé concorrerán o vindeiro domingo na segunda volta das primarias da dereita francesa, tras acadar o 43,7% e o 27,8% na primeira volta, superando a Nicolas Sarkozy (21,7%). Fillon, cun discurso máis conservador, creceu nas últimas semanas e aparece como o gran favorito, tras recibir o apoio de Sarkozy. Ao redor de catro millóns de persoas participaron na votación.
O activista Lagarder Danciu recibe unha malleira ao protestar contra a manifestación franquista que se levou a cabo este domingo en Madrid
PNV e PSE pechan un acordo para gobernar Euskadi en coalición. Os socialistas xestionarán tres consellerías. O acordo deixa as mans libres a cada partido para defender a súa propia postura en materia de autogoberno. Si acadaron un consenso para demandar a transferencia das prisións e a flexibilización da política penitenciaria.
Feijoo mira xa ás municipais de 2019 e fixa a recuperación das alcaldías da Coruña, Compostela e Ferrol e da Deputación de Pontevedra como principais retos do PPdeG.
A dereita francesa elixe este domingo en primarias o seu candidato ás eleccións presidenciais do vindeiro ano. Alain Juppé aparece como favorito nas enquisas (37%), seguido de Nicolas Sarkozy (30%) e François Fillon (17%), en crecemeno nas últimas semanas. Se ningún acada o 50% o vindeiro domingo celebrarase unha segunda volta entre os dous máis votados.