As mulleres son xa o 53% da xudicatura en toda España -o 58% en Galicia, segunda comunidade tras Euskadi- pero só o 27% da cúpula dos seus órganos superiores. eldiario.es publica unha ampla análise das diferenzas de xénero na xustiza en todo o Estado a unhas semanas de coñecer quen será o próximo presidente ou presidenta do Poder Xudicial. En Galicia, tres de cada catro membros da carreira xudicial menores de 45 anos son mulleres.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5bb9ceb3d44a0-rei.jpg)