O Lugo acada a permanencia na Segunda División. En 2ªB, o Fabril loitará polo campionato na última xornada, na que Celta B e Rápido de Bouzas pelexarán por entrar no play-off de ascenso. Por abaixo, Pontevedra, Coruxo e Racing de Ferrol. En 3ª, o Compostela proclamouse campión este domingo.
