VÍDEO | A TV3 informa sobre a visita dos eurodeputados ao Pazo de Meirás para reclamar a súa devolución ao patrimonio público. O roteiro polas Torres virou nunha oda ao franquismo.
Fálase
A ponte de Rande volve colapsarse este domingo tras as retencións rexistradas xa onte. Audasa rematara os carrís adicionais de Rande para cobrar por eles canto antes pero mantivo obras na estrutura vella. Foto de Radio Vigo.
UGT insiste no seu rexeitamento á folga xeral convocada pola CIG e cre que sería "un custo" para traballadores e cidadáns en Galicia, tal e como aclarou o seu secretario xeral en Galicia, José Antonio Gómez, nunha entrevista en RNE. A central nacionalista convocou a folga xeral para o vindeiro 19 de xuño.
VÍDEO | A secretaria de Estado de Comunicación di que lle "dan ganas de facer un corte de mangas" aos pensionistas que recibiron a Rajoy con apupos en Alacant. Imaxes de @Isabelmont7.
Celta e Deportivo empatan no derbi galego en Balaídos. Un gol do coruñés Lucas ao final iguala o tanto inicial de Maxi Gómez.
Varias cidades e vilas galegas acollen arestora novas mobilizacións de pensionistas nunha xornada reivindicativa en todo o Estado. Toda a informaación, hoxe en Praza.gal. #5MaioEuVou
Falece o xornalista e presentador José María Íñigo, un dos máis importantes rostros da TVE nas últimas décadas.
O asasino confeso de Diana Quer admite ante o xuíz que esganou á moza madrileña tras secuestrala. Abuín compareceu hoxe ante o xuíz de Ribeira, que lle comunicou que será xulgado por un xurado popular, o cal resolverá sobre as acusacións homicidio ou asasinato, detención ilegal e contra a liberdade sexual
Escotet confirma que a intervención de Banesco durará 90 días e resalta que non se trata dunha nacionalización, polo que "os accionistas mantemos a propiedade". O banqueiro deixou provisionalmentea a presidencia de Abanca para viaxar a Venezuela tras a detención de 11 directivos da súa entidade.
Persoal da delegación de TVE en Galicia únese á iniciativa Venres negro, coa que reclaman a fin do bloqueo para a renovación dos órganos directivos dos medios de comunicación estatais e a fin da "manipulación" e do control gobernamental da corporación, abeirado na reforma do ano 2012.