Escotet confirma que a intervención de Banesco durará 90 días e resalta que non se trata dunha nacionalización, polo que "os accionistas mantemos a propiedade". O banqueiro deixou provisionalmentea a presidencia de Abanca para viaxar a Venezuela tras a detención de 11 directivos da súa entidade.
Fálase
Persoal da delegación de TVE en Galicia únese á iniciativa Venres negro, coa que reclaman a fin do bloqueo para a renovación dos órganos directivos dos medios de comunicación estatais e a fin da "manipulación" e do control gobernamental da corporación, abeirado na reforma do ano 2012.
A Audiencia Nacional absolve o home xulgado por promover asubíos ao himno de España na final da Copa do Rei de fútbol en 2015. A sentenza admite que se tratou dun exercicio de "liberdade de crítica" sen encaixe penal ningún.
Carlos Blanco e Luis Davila presentarán a gala dos Premios Martín Códax da Música o vindeiro 9 de maio en Pontevedra. Un total de 54 bandas e artistas optan aos galardóns, impulsados por Músicos ao vivo.
O grupo de Memoria Histórica da Eurocamara reúnese co alcalde de Sada, Benito Portela (Sadamaioría), e outros membros da corporación no inicio da visita da delegación do Parlamento Europeo ao Pazo de Meirás, impulsada pola eurodeputada do BNG Ana Miranda "para difundir en Europa a realidade deste anacronismo". Toda a información da visita, hoxe en Praza.gal
PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego descenderon en 2.812 en Galicia en abril, ata as 182.291. Son 22.338 menos que hai un ano. No mesmo período as afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 4.532, un dato medio que supera en 24.498 afiliacións as de abril de 2017. Consulta aquí toda a información.
Ponte nas Ondas! amplía ata o 1 de xuño o prazo para a recepción de fotografías do certame As Imaxes do Patrimonio
Juan Carlos Escotet abandona temporalmente a presidencia de Abanca logo da detención de varios altos cargos de Banesco en Venezuela, a onde viaxa. A entidade vén de comunicar a decisión á CNMV ante "a gravidade dos feitos políticos que acontecen" no seu país de orixe.
A Xunta "ultima" en Bos Aires "cuestións técnicas" para o traslado a Galicia d'A derradeira leición do mestre. A obra de Castelao poderá ser contemplada nunha exposición na Cidade da Cultura dende o 5 de outubro.
Feijóo advirte do "interese" de México por "ampliar as súas compras de barcos nos próximos anos” logo de que Pemex, petroleira estatal, incumprise varias das promesas de investimentos en Galicia.