A Xunta "ultima" en Bos Aires "cuestións técnicas" para o traslado a Galicia d'A derradeira leición do mestre. A obra de Castelao poderá ser contemplada nunha exposición na Cidade da Cultura dende o 5 de outubro.
Fálase
Feijóo advirte do "interese" de México por "ampliar as súas compras de barcos nos próximos anos” logo de que Pemex, petroleira estatal, incumprise varias das promesas de investimentos en Galicia.
Fuxan os Ventos publica unha nova canción co gallo do Día das Letras Galegas. A formación musica o poema “Lúa de Prata” da homenaxeada neste ano, María Victoria Moreno.
Rajoy era informado por Zapatero das negociacións con ETA mentres o PP acusaba o presidente socialista de "traizoar os mortos" e dar "vigor" á banda terrorista. A Cadena SER revela, ao fío da disolución de ETA, as conversas secretas entre o Goberno do PSOE e os conservadores naqueles anos. (Imaxe: PSOE)
O Parlamento europeo debateu a sentenza de La Manada, amosando consenso en rexeitar avaliar as agresións sexuais en función do grao de violencia ou forza, como fai o Código Penal español, e facelo unicamente en base ao consentimento
DOCUMENTO | ETA anuncia por carta que disolve “completamente todas as súas estruturas” e pecha “o seu ciclo histórico e a súa función”. Está a contalo eldiarionorte.es.
A folga de pilotos en Vueling cancela este xoves unha conexión entre A Coruña e Barcelona e este venres, ademais desa mesma conexión, outra entre Santiago e Barcelona. O listado de voos afectados pódese consultar aquí.
A Xunta non acode á convocatoria de tres sindicatos de Xustiza para retomar as negociacións logo de que o persoal rexeitase o acordo enre Goberno galego e o resto de sindicatos do comité de folga, que tampouco acudiron ao chamado de CIG, CUT e STAJ.
Ana Curra, Christina Rosenvinge, Group A e Mordem, primeiras confirmacións do Festival Noroeste 2018, que se celebrará na Coruña do 7 ao 12 de agosto.
O xulgado de Ribeira activa o procedemento para que o asasinato de Diana Quer sexa xulgado por un xurado popular. O auto emitido ve no acontecido posibles "delitos de homicidio ou asasinato, detención ilegal e contra a liberdade sexual" atribuídos ao asasino confeso sen "participación doutras persoas".