Rajoy era informado por Zapatero das negociacións con ETA mentres o PP acusaba o presidente socialista de "traizoar os mortos" e dar "vigor" á banda terrorista. A Cadena SER revela, ao fío da disolución de ETA, as conversas secretas entre o Goberno do PSOE e os conservadores naqueles anos. (Imaxe: PSOE)
