Ana Curra, Christina Rosenvinge, Group A e Mordem, primeiras confirmacións do Festival Noroeste 2018, que se celebrará na Coruña do 7 ao 12 de agosto.
Fálase
O xulgado de Ribeira activa o procedemento para que o asasinato de Diana Quer sexa xulgado por un xurado popular. O auto emitido ve no acontecido posibles "delitos de homicidio ou asasinato, detención ilegal e contra a liberdade sexual" atribuídos ao asasino confeso sen "participación doutras persoas".
A Xunta anuncia a organización dunha "andaina" para a veciñanza polo treito xa construído da autovía do Morrazo, que o Goberno galego prevé ter rematada na segunda metade de 2019 sobre o trazado do antigo corredor. Trátase dunha "ocasión que non volverá repetirse", resalta a conselleira de Infraestruturas nas redes sociais.
Oito mil persoas pasaron pola 14ª edición do Play-Doc de Tui, que rematou este martes, na que The Waldheim Waltz de Ruth Berckermann e Lamaland (Teil I) de Pablo Sigg obtiveron o primeiro premio ex aequo
Daniel Asorey, co poemario Transmatria, e Moncho Iglesias, con Corea do Norte, a vida dese outro lado, publicado en Tempos Novos, obteñen os premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo respectivamente, segundo vén de comunicar o xurado, reunido este luns.
O ministro de Xustiza afirma que o xuíz que formulou un voto particular á sentenza de La Manada "ten algún problema" e suxire que o Consello do Poder Xudicial debera actuar contra el. Organizacións da xudicatura e a fiscalía piden a súa dimisión e advírteno de que está a transgredir a división de poderes do Estado.
O Dia da Galiza em Braga chama a "reforçar os laços institucionais e históricos de Portugal e Galiza". O evento chega á súa sexta edición organizado polo Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, que dirixe a galega Noemi Basanta. Recólleo o Correio do Minho
Detido un Policía nacional en Ourense tras bater co seu coche contra unha terraza e atacar os axentes da Policía Local que o interceptaron. Recólleo a edición ourensá do Faro de Vigo
O vicepresidente Rueda asume dende hoxe as competencias ordinarias de Feijóo. Vainas exercer ata que o presidente regrese da súa viaxe oficial a México, que comeza este luns.
O Deportivo da Coruña consuma o descenso a Segunda División tras caer 2-4 ante o FC Barcelona, que certificou a consecución do campionato de Liga.