DOCUMENTO | ETA anuncia por carta que disolve “completamente todas as súas estruturas” e pecha “o seu ciclo histórico e a súa función”. Está a contalo eldiarionorte.es.
Fálase
A folga de pilotos en Vueling cancela este xoves unha conexión entre A Coruña e Barcelona e este venres, ademais desa mesma conexión, outra entre Santiago e Barcelona. O listado de voos afectados pódese consultar aquí.
A Xunta non acode á convocatoria de tres sindicatos de Xustiza para retomar as negociacións logo de que o persoal rexeitase o acordo enre Goberno galego e o resto de sindicatos do comité de folga, que tampouco acudiron ao chamado de CIG, CUT e STAJ.
Ana Curra, Christina Rosenvinge, Group A e Mordem, primeiras confirmacións do Festival Noroeste 2018, que se celebrará na Coruña do 7 ao 12 de agosto.
O xulgado de Ribeira activa o procedemento para que o asasinato de Diana Quer sexa xulgado por un xurado popular. O auto emitido ve no acontecido posibles "delitos de homicidio ou asasinato, detención ilegal e contra a liberdade sexual" atribuídos ao asasino confeso sen "participación doutras persoas".
A Xunta anuncia a organización dunha "andaina" para a veciñanza polo treito xa construído da autovía do Morrazo, que o Goberno galego prevé ter rematada na segunda metade de 2019 sobre o trazado do antigo corredor. Trátase dunha "ocasión que non volverá repetirse", resalta a conselleira de Infraestruturas nas redes sociais.
Oito mil persoas pasaron pola 14ª edición do Play-Doc de Tui, que rematou este martes, na que The Waldheim Waltz de Ruth Berckermann e Lamaland (Teil I) de Pablo Sigg obtiveron o primeiro premio ex aequo
Daniel Asorey, co poemario Transmatria, e Moncho Iglesias, con Corea do Norte, a vida dese outro lado, publicado en Tempos Novos, obteñen os premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo respectivamente, segundo vén de comunicar o xurado, reunido este luns.
O ministro de Xustiza afirma que o xuíz que formulou un voto particular á sentenza de La Manada "ten algún problema" e suxire que o Consello do Poder Xudicial debera actuar contra el. Organizacións da xudicatura e a fiscalía piden a súa dimisión e advírteno de que está a transgredir a división de poderes do Estado.
O Dia da Galiza em Braga chama a "reforçar os laços institucionais e históricos de Portugal e Galiza". O evento chega á súa sexta edición organizado polo Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, que dirixe a galega Noemi Basanta. Recólleo o Correio do Minho