Concorridas concentracións rexeitan a violencia machista por toda Galicia tras os asasinatos en Vigo e Santiago. Na imaxe, A Coruña
Fálase
As vítimas de Angrois serán escoitadas na Comisión de Peticións da Eurocámara o vindeiro 24 de xaneiro, segundo a citación que lles foi remitida este martes e á que tivo acceso Praza.gal
Aznar anuncia a súa renuncia á presidencia de honra do PP. Así o vén de comunicar a través da súa web.
A selección galega de fútbol feminina anuncia a súa convocatoria para o partido do vindeiro xoves ante Catalunya. Entre elas, a mundialista Verónica Boquete ou as dianteiras do Valencia, Mari Paz Vilas ou Belén Fernández. Ademais, hai catro xogadoras do Deportivo, dúas do Matamá, dúas do Friol, dúas do Olivo e unha do Oiartzun, Arousana, Victoria, Sárdoma e Atlético de Madrid.
A Federación Galega de Fútbol sortea 10 camisolas da selección co gallo do Galicia-Catalunya feminino do vindeiro día 22. Velaquí os detalles.
O Pazo de María Pita acollerá dende mañá os retratos de Javier Losada e de Francisco Vázquez, que posa coas galas de embaixador e a condecoración da Orde do Imperio Británico. O cadro de Vázquez inaugurarase pola mañá coa presenza, entre outros convidados, de Abel Caballero. O de Losada, pola tarde, cun grupo de militantes socialistas.
Donald Trump consegue os 270 votos do Colexio Electoral que necesitaba para ser confirmado como presidente. Dous representantes republicanos emitiron votos de protesta, e Clinton perdeu outros cinco votos que en teoría lle correspondían.
Amigas da moza asasinada en Vigo relatan que sufriu ameazas previas e violencia verbal por parte do detido
Cospedal dispara o orzamento de Defensa un 30% para incorporar a débeda armamentística. O Constitucional botou abaixo a práctica de manter estables as contas para logo amplialas con créditos extraordinarios
A policía alemá segue referíndose como "posible atentado terrorista" ao incidente no que a pasada noite un camioneiro matou 12 persoas nun mercado de Berlín, e deixando feridas a outras 48.