O Pazo de María Pita acollerá dende mañá os retratos de Javier Losada e de Francisco Vázquez, que posa coas galas de embaixador e a condecoración da Orde do Imperio Británico. O cadro de Vázquez inaugurarase pola mañá coa presenza, entre outros convidados, de Abel Caballero. O de Losada, pola tarde, cun grupo de militantes socialistas.
Fálase
Donald Trump consegue os 270 votos do Colexio Electoral que necesitaba para ser confirmado como presidente. Dous representantes republicanos emitiron votos de protesta, e Clinton perdeu outros cinco votos que en teoría lle correspondían.
Amigas da moza asasinada en Vigo relatan que sufriu ameazas previas e violencia verbal por parte do detido
Cospedal dispara o orzamento de Defensa un 30% para incorporar a débeda armamentística. O Constitucional botou abaixo a práctica de manter estables as contas para logo amplialas con créditos extraordinarios
A policía alemá segue referíndose como "posible atentado terrorista" ao incidente no que a pasada noite un camioneiro matou 12 persoas nun mercado de Berlín, e deixando feridas a outras 48.
Francisco Castro, novo director da Editorial Galaxia. Sucede no posto a Víctor Freixanes, que continuará na editorial como conselleiro.
O embaixador ruso en Turquía é tiroteado. Segundo varios medios, Andrei Karlov morreu
Xa está na rúa a nova edición do catálogo Abertos ao galego, cunha morea de agasallos en lingua galega para o Nadal, entre eles Praza Pública. O catálogo elabórao A Mesa pola Normalización Lingüística e pódese descargar nesta ligazón.
A directora do FMI, Christine Lagarde, culpable de "neglixencia" na adxudicación dunha indemnización de 400 millóns a un empresario como ministra francesa de Economía. Lagarde non terá que cumprir condena ningunha, pero dubídase da súa continuidade á fronte do Fondo.
Lores anuncia unha cuestión de confianza ligada aos orzamentos de Pontevedra. Máis información, hoxe en Praza.