O embaixador ruso en Turquía é tiroteado. Segundo varios medios, Andrei Karlov morreu
Fálase
Xa está na rúa a nova edición do catálogo Abertos ao galego, cunha morea de agasallos en lingua galega para o Nadal, entre eles Praza Pública. O catálogo elabórao A Mesa pola Normalización Lingüística e pódese descargar nesta ligazón.
A directora do FMI, Christine Lagarde, culpable de "neglixencia" na adxudicación dunha indemnización de 400 millóns a un empresario como ministra francesa de Economía. Lagarde non terá que cumprir condena ningunha, pero dubídase da súa continuidade á fronte do Fondo.
Lores anuncia unha cuestión de confianza ligada aos orzamentos de Pontevedra. Máis información, hoxe en Praza.
As sete cidades galegas acollen este martes (20 horas) concentracións contra as violencias machistas, en protesta polos dous asasinatos de mulleres que se produciron nesta fin de semana en Compostela e Vigo.
O Colexio Electoral estadounidense reúnese este luns para designar o novo presidente do país. Os seus 538 membros escollerán previsiblemente a Donald Trump, aínda que a prensa norteamericana sinala a posibilidade de que algúns dos seus votos opten por outro candidato.
Detido un compañeiro de traballo de Ana Enjamio, a moza asasinada na madrugada do sábado en Vigo. O home, de 38 anos de idade, mantivera unha breve relación con ela, é o principal sospeitoso. Tentou suicidarse realizándose cortes superficiais en diversos lugares do seu corpo. Curadas as feridas, ás 20 horas deste domingo foi trasladado á Comisaría.
Diagonal analiza o novo proceso de liberalización do sector ferroviario, trala aprobación do cuarto paquete ferrroviario no Parlamento Europeo, que fará que a partir de 2020 todos os países da UE deberán abrir os seus sistemas ás empresas privadas
A conselleira de Infraestruturas considera a comisión para supervisar a AP-9 un "fito transcendental sen parangón". Esta comisión foi presentada por Xunta e Fomento como substituta da transferencia de competencias, que o Goberno galego di seguir defendendo. Ethel Vázquez afirmouno nunha entrevista na Cadena SER
Falece a muller acoitelada pola súa ex-parella o pasado venres en Santiago. A Policía segue á procura do asasino, segundo informa a Delegación do Goberno central en Galicia. Trátase do segundo asasinato machista do 2016 en territorio galego. Mentres, investígase se o acoitelamento doutra muller en Vigo, polo que xa se rexistrou unha detención, foi tamén unha agresión de xénero.