Lores anuncia unha cuestión de confianza ligada aos orzamentos de Pontevedra. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
As sete cidades galegas acollen este martes (20 horas) concentracións contra as violencias machistas, en protesta polos dous asasinatos de mulleres que se produciron nesta fin de semana en Compostela e Vigo.
O Colexio Electoral estadounidense reúnese este luns para designar o novo presidente do país. Os seus 538 membros escollerán previsiblemente a Donald Trump, aínda que a prensa norteamericana sinala a posibilidade de que algúns dos seus votos opten por outro candidato.
Detido un compañeiro de traballo de Ana Enjamio, a moza asasinada na madrugada do sábado en Vigo. O home, de 38 anos de idade, mantivera unha breve relación con ela, é o principal sospeitoso. Tentou suicidarse realizándose cortes superficiais en diversos lugares do seu corpo. Curadas as feridas, ás 20 horas deste domingo foi trasladado á Comisaría.
Diagonal analiza o novo proceso de liberalización do sector ferroviario, trala aprobación do cuarto paquete ferrroviario no Parlamento Europeo, que fará que a partir de 2020 todos os países da UE deberán abrir os seus sistemas ás empresas privadas
A conselleira de Infraestruturas considera a comisión para supervisar a AP-9 un "fito transcendental sen parangón". Esta comisión foi presentada por Xunta e Fomento como substituta da transferencia de competencias, que o Goberno galego di seguir defendendo. Ethel Vázquez afirmouno nunha entrevista na Cadena SER
Falece a muller acoitelada pola súa ex-parella o pasado venres en Santiago. A Policía segue á procura do asasino, segundo informa a Delegación do Goberno central en Galicia. Trátase do segundo asasinato machista do 2016 en territorio galego. Mentres, investígase se o acoitelamento doutra muller en Vigo, polo que xa se rexistrou unha detención, foi tamén unha agresión de xénero.
Un segundo informe da intervención municipal de Pontevedra volve recomendar non aprobar o orzamento coas emendas da oposición por "deficiencias" e falta de "nivelación" entre ingresos e gastos. Así o advertira xa no primeiro informe tras as modificacións introducidas por PP, PSdeG, Marea e C's no proxecto orzamentario do goberno do BNG.
A Policía segue á procura do asasino da muller acoitelada nun portal de Vigo na madrugada do venres. A violencia machista é a principal hipótese da investigación. Recólleo La Opinión de A Coruña
O Foro da Igualdade de Lugo esixe a retirada do panfleto de propaganda homófoba remitido por un grupo ultracatólico aos centros educativos de todo o Estado