Un empresario catalán decide non saudar o príncipe Felipe durante unha visita oficial ao congreso de tecnoloxías móbiles que se celebra en Barcelona. "Porque non nos deixa votar", argumentou Àlex Fenoll.
Fálase
Rajoy afronta hoxe o seu segundo debate de política xeral cun discurso baseado no optimismo económico. Agárdanse anuncios de posibles rebaixas fiscais que entrarían en vigor en ano electoral. En El Diario
O PSdeG propón que os cargos políticos non interveñan nos procesos de contratación para "loitar contra a corrupción". Forma parte dun paquete de medidas presentadas onte por Besteiro e que os socialistas defenderán agora no Parlamento.
Feijóo irrita o PSOE e a Junta de Andalucía por asegurar, como xa fixera en 2009, que a transición política non estará "completa" ata que o PP andaluz consiga o poder.
Baltar propón a Deputación de Ourense como referente ético na xestión pública. Cóntao El País
Dimiten dez membros da dirección de Anova tras o referendo no que a militancia elixiu acudir ás eleccións europeas xunto a EU. Luís Eyré, Mario López Rico, Paula V. Verao e Chelo Martínez son algúns dos cargos que deixan os seus postos de responsabilidade, segundo conta Europa Press.
Play-Doc e A Cuarta Parede organizarán unha escola de críticos de cinema no marco do festival de documentais que se celebra en Tui do 2 ao 6 de abril.
O 1 de marzo comeza a actividade dos furanchos legais en Pontevedra, a primeira cidade galega que regulou estes espazos gastronómicos.
Podemos sinala que a información sobre o pacto entre a formación e IU "non se axusta á realidade".
Volven comezar os traballos de tala das árbores do Malecón, en Sarria, despois de que fosen paralizados a media mañá, pola presenza de persoas encadeadas aos troncos. Os e as activistas da Plataforma Sarriana polo Río piden que os veciños e veciñas da vila se acheguen ao lugar para evitar a destrución do espazo