O PP galego afirma que cómpren "máis persoas como Felipe de Borbón" e "menos" como o presidente catalán. Afirmouno o seu 'número dous', Miguel Tellado, para valorar o discurso de Noiteboa do rei. En Marea coida que o xefe do Estado "esqueceu Galicia e as necesidades sociais", o PSdeG subliña o seu "ton conciliador" e o BNG lamenta que teime na "convivencia" ao abeiro da Constitución mentres obvia, ao seu xuízo, os problemas "reais" da poboación.
