Un tsunami mata unhas 170 persoas e fire arredor de 800 en Indonesia. eldiario.es está a informar ao respecto e a BBC actualiza o sucedido ao vivo.

Un tsunami mata unhas 170 persoas e fire arredor de 800 en Indonesia. eldiario.es está a informar ao respecto e a BBC actualiza o sucedido ao vivo.
O loro Ravachol será a mascota oficial do campionato mundial Triathlon ITU Multisport que acolle Pontevedra en abril e maio de 2019
Parte do Gordo da Lotaría do Nadal, o 3.347, cae en Teo, Santiago, Pontevea, Fene, A Coruña, O Pino, Ourense, O Porriño, A Estrada, Bueu, Outes, Cedeira, Zas, O Valadouro, Vilalba, Lugo, Monforte, Pontevedra, Vigo, Sanxenxo, Redondela e Poio . Comproba aquí os teus números
Tras o trixésimo primeiro venres negro, persoal da CRTVG desenvolve este sábado 22 unha nova xornada de folga. O máis destacado da mobilización, hoxe en Praza.gal
A militancia de En Marea está chamada a votar nas súas eleccións internas dende as 9 desta mañá e ata a mesma hora do luns, xornada na que se proclamarán os primeiros resultados. A candidatura do sector crítico, 'Entre todas', decidiu finalmente participar malia expresar "dúbidas" sobre o mesmo nun clima de enfrontamentos cruzados que marcou as últimas semanas na formación.
A candidatura Entre Todas mantén a súa participación nas eleccións internas de En Marea, que segundo o novo calendario se van desenvolver dende mañá, día 22, e ata o luns e pide "restituír a limpeza das regras do xogo". En declaracións á Cadena SER, David Bruzos manifestou "dúbidas" sobre o proceso porque a empresa que ía auditar o proceso finalmente non o fará. Esquerda Unida, pola contra, sinala nun comunicado que segue "considerando que non se dan as condicións democráticas para votar".
Bob Dylan actuará en Santiago o 29 de abril. Será no Multiusos Fontes do Sar e as entradas estarán á venda o día 28 deste mes, segundo vén de informar o Concello. Dylan regresa a Galicia 15 anos despois do seu último concerto no país, tamén en Compostela, no Monte do Gozo no marco do Xacobeo 2004. O músico xa actuara no Fontes do Sar en 1999.
O colectivo feminista Paxaretas lamenta que o Concello de Redondela organice un concerto "solidario" de nadal a prol do colectivo antiabortista Red Madre. "Non imos aceptar que dende a institución municipal que nos representa a todas e todos se faga política antiabortista", sinalan nun comunicado. Esta organización antiabortista, impulsada polo Foro Español de la Familia, recibiu numerosos apoios lexislativos e económicos da Xunta nos últimos anos.
Pedro Sánchez e Joaquim Torra acordan procurar unha solución política con "amplo apoio en Catalunya" e "seguridade xurídica" no seu encontro previo ao Consello de Ministros que hoxe se celebra en Barcelona entre diversas mobilizacións de colectivos independentistas.
En Marea e Ferrol en Común reclaman no Congreso "un tren digno" entre A Coruña e Ferrol. Os deputados da formación galega rexistraron varias iniciativas, entre elas dúas proposicións de lei sobre o inicio do estudo informativo da actuación do by-pass de Piadela (Betanzos) na liña e outras actuacións para a mellora da liña.