A deputada do PP María Seoane rexeita no Parlamento que as seleccións galegas poidan competir internacionalmente e acusa o BNG de ter "afán de converter a nosa terra no Sudán do sur". Máis información, esta tarde en Praza.
Fálase
O Valedor do Pobo inicia de oficio unha investigación sobre o "presunto adestramento de menores da comunidade no uso de armas prohibidas e empregadas na práctica de determinadas artes marciais". A información, na web da institución.
#consellodaxunta Feijóo lamenta a legalización de Sortu: "mentes ETA non desapareza, as súas organizacións, que a defenden, non deberían de legalizarse". "É sorprendente que os partidos que non acatan a Constitución se acollan ao Tribunal Constitucional para seguir incumpríndoa", di.
A Plataforma das Artes Escénicas chama aos profesionais do sector e á cidadanía a concentrarse o martes 26 de xuño diante do Parlamento, coincidindo coa comparecencia de Jesús Vázquez para presentar o Plan Estratéxico do Gaiás. A Plataforma esixe "un Plan Estratéxico para a Cultura Galega"
Mauro Varela culpa do estado de Novagalicia Banco ao Goberno e evita asumir responsabilidade ningunha. Ademais, asegura que a campaña das preferentes "foi perfectamente legal". "A xente tomounas sabendo o que tomaba", di.
#consellodaxunta Luz verde ao plan de prevención e defensa contra incendios para este verán. Feijóo detalla a instalación de cámaras nos montes "como arma de control e disuasoria". Asegura que se manteñen os efectivos e se incrementan os orzamentos.
#consellodaxunta Feijóo di que o plan estratéxico do Gaiás mantén a suspensión da construción dos dous edificios pendentes. "Non hai un horizonte para iniciar novos edificios"
#consellodaxunta Feijóo anuncia que, grazas á nova Lei de Política Industrial, a mina de Corcoesto "terá visto e prace a finais de ano", abreviando 18 meses a súa tramitación. Na comarca afectada unha plataforma denuncia "ilegalidades" na explotación, cun importante impacto ambiental.
#consellodaxunta O Consello aproba o plan estratéxico da Cidade da Cultura. Será presentado mañá polo conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez. Asegura Feijóo que o "compromiso" da Xunta é "abaratar" os custos de mantemento do Gaiás e incrementar as visitas ao complexo. Insta a "poñer en valor o xa construído"
#consellodaxunta O Goberno galego aproba a primeira norma común para todos os concellos en materia de saneamento e depuración de augas