#consellodaxunta Luz verde ao plan de prevención e defensa contra incendios para este verán. Feijóo detalla a instalación de cámaras nos montes "como arma de control e disuasoria". Asegura que se manteñen os efectivos e se incrementan os orzamentos.
Fálase
#consellodaxunta Feijóo di que o plan estratéxico do Gaiás mantén a suspensión da construción dos dous edificios pendentes. "Non hai un horizonte para iniciar novos edificios"
#consellodaxunta Feijóo anuncia que, grazas á nova Lei de Política Industrial, a mina de Corcoesto "terá visto e prace a finais de ano", abreviando 18 meses a súa tramitación. Na comarca afectada unha plataforma denuncia "ilegalidades" na explotación, cun importante impacto ambiental.
#consellodaxunta O Consello aproba o plan estratéxico da Cidade da Cultura. Será presentado mañá polo conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez. Asegura Feijóo que o "compromiso" da Xunta é "abaratar" os custos de mantemento do Gaiás e incrementar as visitas ao complexo. Insta a "poñer en valor o xa construído"
#consellodaxunta O Goberno galego aproba a primeira norma común para todos os concellos en materia de saneamento e depuración de augas
Ex militantes do PSdeG únense a Compromiso por Galicia. O colectivo Unidade da Esquerda Galega formará parte da coalición, na que xa están integrados Máis Galiza, Ecosocialistas e Acción Galega. Máis información, esta tarde en Praza.
Agustín Fernández Paz, doutor honoris causa pola Universidade de Vigo, proposto pola unanimidade do Departamento de Filoloxía Galega e Latina
Carlos Dívar dimite como presidente do Poder Xudicial, segundo adianta Europa Press. É o primeiro presidente que abandona o seu cargo.
A Mesa pola Normalización Lingüística amosa a dilixencia empregada por unha xuíza de Vigo para rexeitar unha demanda por estar redactada en galego (premer para ampliar o documento)
O deputado do PPdeG Jacobo Moreira critica que o PSdeG presente no Parlamento de Galicia unha iniciativa contra as posibles novas taxas xudiciais. Durante o debate, esta mañá, instou os socialistas a "non distorsionar desde comunidades autónomas" algo que debe tratarse no Congreso dos Deputados. "Este non é o foro para tratar un asunto de calado nacional", engade.