O Parlamento europeo rexeita incluír transportes coma o ferrocarril na negociación do TTIP. Os votos da esquerda e do centroesquerda botaron abaixo unha proposta conservadora que pedía a incorporación desta materia.

O Parlamento europeo rexeita incluír transportes coma o ferrocarril na negociación do TTIP. Os votos da esquerda e do centroesquerda botaron abaixo unha proposta conservadora que pedía a incorporación desta materia.
A Xunta terá que entregarlle ao Parlamento o contrato do vídeo de Enrique Iglesias. O PP accedeu a aprobar a iniciativa na que o BNG pedía o documento, se ben os conservadores teiman en que o pagamento de 300.000 euros ten un "retorno millonario" para Galicia.
Compromiso por Galicia abandona Ourense en Común, logo de que se invalidasen as primarias na que o seu candidato fora o elixido. O partido nega a "carretaxe" de votos e asegura que foi a plataforma cidadá "quen chamou á porta de CxG". A formación galeguista decidirá o martes se presenta candidatura propia ás eleccións locais na cidade.
O eurodeputado socialista José Blanco trasládalle á Comisión Europea a necesidade de que o Hospital de Lugo conte co servizo de hemodinámica as 24 horas do día.
A selección catalá de fútbol sala é vetada no Mundial malia clasificarse para competir nel. A Federación bielorrusa, que organiza o campionato, esixiulle por carta á Asociación Mundial de Futsal a retirada de Catalunya e de Taiwan por, segundo informa L'Esportiu, temor a represalias de España e China.
Hernández planea meter na súa lista a dous dos 7 edís que aprobaron pagar o avogado dun compañeiro imputado na Pokémon e que foron absoltos pola Audiencia da Coruña tras seren inhabilitados en primeira instancia, segundo El Correo Gallego
Inditex pechou 108 tendas nos últimos dous anos no Estado español mentres as abría no resto do mundo. Cóntao El Diario
O PSdeG ve a Feijóo "partícipe a título lucrativo" da trama Gürtel e volve esixir que explique no Parlamento o financiamento do seu partido
O PPdeG cambia menos candidatos municipais ca nunca dende que Feijóo o dirixe, segundo La Voz
Google Maps incorpora unha capa que permite xogar ao Pac-Man, o célebre 'comecocos', sobre calquera rúa do mundo. Na imaxe, o xogo sobre o centro de Santiago.