Google Maps incorpora unha capa que permite xogar ao Pac-Man, o célebre 'comecocos', sobre calquera rúa do mundo. Na imaxe, o xogo sobre o centro de Santiago.

Google Maps incorpora unha capa que permite xogar ao Pac-Man, o célebre 'comecocos', sobre calquera rúa do mundo. Na imaxe, o xogo sobre o centro de Santiago.
Ourense en Común asegura que "nin os poderes locais nin as familias da vella política" os pararán, logo de recoñecer que se "trabucaron" ao "rebaixar as garantías" para aumentar a participación e ao "pensar que o mellor sistema eran unhas primarias abertas" nunha provincia "co prácticas caciquís da restauración borbónica". A plataforma cidadá explicou ante os medios o seu futuro e a forma de elixir a súa lista electoral.
O Goberno central crea un documento especial para que as persoas inmigrantes sen papeis teñan acceso á atención sanitaria, dando marcha atrás á decisión que adoptara en 2012 e que acabara coa universalidade deste dereito en España. Esixirase estar empadroado/a e o dereito á atención estará limitado á comunidade autónoma de residencia.
Un incendio ameaza o Xurés. O lume, en Lobios, iniciouse ás 11 da mañá e supera xa as tres hectáreas. Fotografía de @BrifLaza.
Santiago Fernández Rocha será o candidato de LugoNovo á alcaldía da cidade logo de vencer nas primarias da plataforma cidadá. Ourense en Común celebrará primarias entre os censados na urbe para elixir a orde de dez candidatos escollidos pola asemblea.
O Goberno central rectifica e devolverá a atención primaria aos inmigrantres irregulares. Asegúrao o ministro de Sanidade, que lles nega, non obstante, o dereito á tarxeta sanitaria. En Galicia estas persoas teñen a atención limitada a casos de urxencia.
A UE pídelle á Xunta que reoriente o modelo económico de Galicia a un con "menos cemento" e "máis coñecemento", empregando os novos fondos Feder á penetración das TIC, á calidade no mercado laboral e a I+D.
Este mércores será o primeiro día sen cotas para a produción de leite, despois de 25 anos. As dez mil explotacións galegas temen un descenso de prezos e unha limitación do seu poder de negociación antre a industria. Piden unha moratoria ou, cando menos, máis control e inspeccións ante posibles abusos.
O Concello de Vila de Cruces non autoriza a Festa no Mosteiro de Carboeiro, organizada dende hai semanas nas redes sociais como protesta polos 300.000 euros pagados pola Xunta á produtora de Enrique Iglesias. Estaba previsto que o evento se celebrase este venres na praia fluvial da Carixa. O Concello asegura que o espazo podería quedar moi deteriorado e ofrécese a buscar unha localización alternativa.
Dúas mulleres foron asasinadas polas súas parellas este luns en Alhaurín de la Torre (Málaga) e Lleida, mortes ás que se suma a dunha muller e os seus dous fillos pequenos en Gibraltar, posiblemente a mans do seu home.