A aeroliña Norwegian presenta o avión que dedicou a Rosalía de Castro. "Rosalía era ideal, recuperou o galego como lingua de cultura e foi pioneira no feminismo", din dende a compañía.
Fálase
O xuíz confirma o arquivo do caso Jimmy. Rexeita os recursos da Fiscalía, a LFP e o outro afeccionado deportivista tirado ao río e insiste en que é imposible identificar os autores da morte.
O paro rexistrado descendeu en 154 inscricións en Galicia durante o mes de febreiro e caeu en 23.344 en termos interanuais. No mesmo mes as afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 2.816, un 0,30%, e o incremento interanual foi de 18.027, un 1,93%. Máis información, hoxe en Praza.
As orixes de Hazte Oír e as súas raíces sectarias: o xornalista experto en asuntos relixiosos Jesús Bastante explica nesta reportaxe a xénese do colectivo ultra que nas últimas semanas desenvolve unha campaña contra a diversidade sexual.
A Xunta admite que existen "solucións" para convocar as oposicións de Educación aínda que non se aproben os Orzamentos do Estado. Consellería e sindicatos abordan este xoves a convocatoria na Mesa Sectorial
O enterro da sardiña e a queima de personaxes como o Meco puxeron fin este mércores ao Entroido en diversas localidades galegas. A festa continúa en varios municipios, así e todo, ata a vindeira fin de semana.
O ex-número tres do Ministerio do Interior e xefe da 'policía patriótica' non desbotou no xulgado que dispuxese de fondos reservados para as súas operacións. Desta unidade dependeron os informes lanzados dende o corpo policial sobre forzas da oposición que resultaron ser falsos. Cóntao a Cadena SER
A segunda canle da TVG repasa esta noite a historia das Irmandades da Fala. Será a partir das 23:00, coa emisión dos documentais 'As Irmandades da Fala. 100 anos' e 'Galicia 1918 – 1988. Cen anos de nacionalismo'.
A Comisión Europea abre a porta a que a liberdade de circulación na UE sexa só para mercadorías e capitais. É un dos escenarios que traza o Libro Branco sobre o futuro de Europa que presenta este mércores Jean Claude Juncker, segundo adianta a Cadena SER
A Audiencia decide reabrir a causa da 'caixa B' do PP e cita a declarar nela a Francisco Correa. A decisión baséase nas revelacións no primeiro xuízo da trama Gürtel.