O PP procura que a investigación parlamentaria sobre o seu presunto financiamento irregular deixe fóra a Gürtel e a Púnica. Está a contalo eldiario.es

O PP procura que a investigación parlamentaria sobre o seu presunto financiamento irregular deixe fóra a Gürtel e a Púnica. Está a contalo eldiario.es
Arabia Saudí, Exipto, Emiratos Árabes Unidos e Baréin cortan relacións diplomáticas con Qatar, próximo a Irán, acusádoo de "apoiar o terrorismo"
A veciñanza de Silleda aprobou por unha estreita marxe de votos o cambio de localización das dependencias municipais na consulta popular celebrada este domingo: 48,5% a favor e 46% en contra. Participou o 30% do censo, e houbo 88 votos en branco e 31 nulos.
Medio milleiro de persoas protestaron contra a homofobia en Sada. A acción fora covocada días atrás para denunciar o artigo publicado no Xornal Mariñán a Asociación de Empresarios da localidade e que finalmente forzou a dimisión da súa directiva.
Comeza a folga dos estibadores, que busca que a patronal garanta todos os empregos. Os traballadores pararán en horas impares durante as vindeiras 24 horas. Un total de 6.150 persoas están chamadas á folga.
A catro días das eleccións no Reino Unido, Teresa May defende endurecer as medidas contra o extremismo islámico: "Hai demasiada tolerancia", dixo
O Rápido de Bouzas toma vantaxe na súa eliminatoria do play-off de ascenso á Segunda B. Derrotou en Gran Canaria o Santa Brígida por 0-1
A investigadora Iria Presa difunde na rede o expediente do poeta Manoel Antonio na "Escuela de Náutica de Vigo", que recuperou nun arquivo de Bilbao
CCOO presentará publicamente este luns a súa proposta de unidade de acción sindical, que xa lles trasladou a UGT e CIG. O novo secretario xeral da central, Ramón Sarmiento, xa avanzara que unha das súas primeiras actuacións sería formular esta proposta
Juan Goytisolo morre en Marrakech aos 86 anos de idade. A saúde do escritor, Premio Cervantes en 2014, empeorara nos últimos meses.