A morosidade do sistema financeiro segue subindo. En xaneiro acadou unha taxa do 7,9%, o nivel máis elevado desde 1994. Nuns minutos ampliamos a información
Fálase
O ex presidente de Balears, Jaume Matas, condenado a seis anos de cárcere no caso Palma Arena.
En Galicia hai 33.459 afiliados estranxeiros á Seguridade Social, segundo os datos difundidos hoxe. Representan o 1,99% de toda a masa laboral estranxeira do Estado despois de experimentar un descenso do ‐7,80% do número de afiliados en relación ao mes de febreiro de 2011. A meirande parte destas persoas son de fóra da Unión Europea e traballan na hostalaría e no comercio e reparación de vehículos. Portugal é o país que máis traballadores aporta.
O diario francés Libération levou hoxe a primeira páxina os nomes dos sete asasinados nos últimos días por motivos racistas ou xenófobos en Francia. Vincula así as mortes deste luns coas do 15 e o 11 de marzo.
O presidente da Xunta foi este luns a 'estrela' da xornada electoral en Asturias. Prometeu que Rajoy finalizará a autovía Transcantábrica e degustou polbo á feira coa candidata do PP no Principado, entre outros actos. En La Nueva España.
Tras o que semellou un erro momentáneo, o Diario Oficial de Galicia xa aparece publicado por defecto en galego, como habitualmente.
Esta mañá as persoas que accedan ao Diario Oficial de Galicia están a atopar que a versión por defecto do boletín que aparece ao acceder dende a web da Xunta está redactada en castelán.
Lainformacion.com publica unha comparativa das condicións laborais de Alemania, Francia, Holanda, R.Unido, Italia, Dinamarca e Irlanda
80.000 documentos persoais de Albert Einstein van estar dispoñibles na rede: documentos de traballo, textos políticos e mesmo cartas de amor.
A Fundación Puntcat, que xestiona o dominio catalán .cat, ofrecerá dominios a metade de prezo para contrarrestar a decisión de Blogger de incorporar dominios territoriales (.es para todos os blogs do Estado) ás páxinas de blogspot.