O diario francés Libération levou hoxe a primeira páxina os nomes dos sete asasinados nos últimos días por motivos racistas ou xenófobos en Francia. Vincula así as mortes deste luns coas do 15 e o 11 de marzo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f6844be23947-liberation.750.jpg)
O diario francés Libération levou hoxe a primeira páxina os nomes dos sete asasinados nos últimos días por motivos racistas ou xenófobos en Francia. Vincula así as mortes deste luns coas do 15 e o 11 de marzo.
O presidente da Xunta foi este luns a 'estrela' da xornada electoral en Asturias. Prometeu que Rajoy finalizará a autovía Transcantábrica e degustou polbo á feira coa candidata do PP no Principado, entre outros actos. En La Nueva España.
Tras o que semellou un erro momentáneo, o Diario Oficial de Galicia xa aparece publicado por defecto en galego, como habitualmente.
Esta mañá as persoas que accedan ao Diario Oficial de Galicia están a atopar que a versión por defecto do boletín que aparece ao acceder dende a web da Xunta está redactada en castelán.
Lainformacion.com publica unha comparativa das condicións laborais de Alemania, Francia, Holanda, R.Unido, Italia, Dinamarca e Irlanda
80.000 documentos persoais de Albert Einstein van estar dispoñibles na rede: documentos de traballo, textos políticos e mesmo cartas de amor.
A Fundación Puntcat, que xestiona o dominio catalán .cat, ofrecerá dominios a metade de prezo para contrarrestar a decisión de Blogger de incorporar dominios territoriales (.es para todos os blogs do Estado) ás páxinas de blogspot.
O Tribunal Constitucional non se pronunciará sobre o aborto antes de que o Goberno aprobe a nova lei que restrinxe este dereito. O TC darálle prioridade aos fallos sobre a ilegalización de Sortu e sobre a doutrina Parot.
A Unión Europea presiona para que a Xunta non dea 4 millóns de euros a un empresario acusado de pesca ilegal. Cóntao El País Galicia.
O 27% dos norteamericanos consulta medios de comunicación a través de móbiles ou tablets, segundo o estudo State of the News Media do Pew Research Center. O estudo conclúe que as noticias se están convertindo nun elemento cada vez máis importante e penetrante da vida das persoas, pero aínda segue sen estar claro quen se vai beneficiar economicamente desta maior demanda de información". Aínda que no 2011 os ingresos por publicidade en Internet aumentaron nos EE.UU. un 23%, mentres que descenderon un 7% na prensa impresa, este crecemento segue sendo insuficiente.