O responsable do máster de Cifuentes admite agora que a acta da avaliación é falsa e acusa o reitor da Universidade Rei Juan Carlos. Recólleo eldiario.es

O responsable do máster de Cifuentes admite agora que a acta da avaliación é falsa e acusa o reitor da Universidade Rei Juan Carlos. Recólleo eldiario.es
O xuíz ordena que Lula da Silva ingrese xa en prisión mentres partidarios do ex-presidente brasileiro se manifestan a prol da súa liberdade.
A xustiza alemá deixa en liberdade a Puigdemont e desbota o delito de rebelión na petición de extradición. Queda libre baixo fianza mentres estuda a entrega.
A Fiscalía abre dilixencias penais polo máster de Cifuentes despois de que a universidade lle remitise o caso por ver indicios de delito. Poucas horas antes, o presidente Feijóo consideraba que no caso non había "ningunha novidade" malia as revelacións dos últimos días por parte de varios medios.
O Goberno galego aproba o plan de conciliación que anunciou na véspera do 8M e que prevé axudas para as empresas que a faciliten e maiores permisos para o funcionariado.
Feijóo defende que “a familia real é impecable no exercicio das súas obrigas institucionais” tras ser preguntado pola relación entre as raíñas Letizia e Sofía. Sobre a afirmación ao respecto do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, de que “en todas as casas cocen fabas”, o presidente galego di que non é un comentario propio dun político porque entra en “esferas” que non son as institucionais.
A xuíza Lamela procesa o ex-xefe dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, por organización criminal e sedición
A presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, admite que non foi a clase nin fixo exames como os demais estudantes, pero defende a "legalidade" do seu máster mentres continúan a transcender supostas irregularidades. Está a contalo eldiario.es e mais El Confidencial, que este xoves revela que o tribunal que supostamente cualificou o traballo de fin do máster non existiu.
O Supremo do Brasil rexeita o último recurso de Lula da Silva e deixa o ex-presidente ás portas de ser encarcerado. Está a contalo Carta Capital. Para o Partido dos Trabalhadores a decisión tornou o día en "trágico para a democracia e para o Brasil"
O Goberno central admite que non vai incorporar ao ensino catalán un formulario para que as familias decidan a lingua das clases. O gabinete de Mariano Rajoy amagou con esta idea, semellante á promovida polo PPdeG antes de retornar á Xunta en 2009, ao abeiro do artigo 155 da Constitución.