Moody's deixa en bono lixo a case toda a banca española. Tan só se salvan sete entidades, pero non Novacaixagalicia, que recibe unha cualificación de B1.
Fálase
Amaiur e ERC presentarán no Congreso unha proposición de lei sobre libre determinación, como xa fixeron no Parlamento Europeo. Este venres presentarase un grupo de traballo aberto ao resto de partidos.
Unha astrónoma británica publica un vídeo no que resposta á campaña da Comisión Europea para fomentar os estudos de ciencias entre as rapazas, moi criticado polo seu sexismo. No vídeo anima a mozos e mozas a achegarse ás ciencias e di que o fundamental é animalos a que sexan apaixonados e a que queiran saber máis sobre como funciona o universo.
Os catro concelleiros de IU en Langreo ingresan as súas dietas de maio, uns dous mil euros, na caixa de resistencia dos mineiros.
A moción de censura presentada polo PCP contra Passos Coelho en Portugal é derrotada. Votaron a favor PCP, Bloco e Verdes. O PS abstívose e PSD e CDS votaron en contra.
Lugo celebrou onte nas rúas o ascenso a Segunda
Meu canto, de Uxía, mellor disco de folk nos Premios da Música Independente #premiosUFI
A Dirección Xeral da Policía convoca a primeira edición dos seus Premios de Xornalismo, para premiar "aqueles traballos xornalísticos que mellor reflictan o traballo e esforzo da Policía Nacional".
O plantel do Club Deportivo Lugo percorre a esta hora o centro da cidade amurallada celebrando coa súa afección o ascenso á Segunda División. Na imaxe, un intre da recepción na Deputación Provincial, hai escasos minutos.
O Goberno estuda subir o IVE reducido que se lle aplica a algúns produtos básicos.